Inaugurada a nova Biblioteca dos Rosales

sábado, 26 setembro 2009, 14:00 | Category : bibliotecas
Tags :

Hoxe sábado día 26 inauguramos na Coruña unha nova biblioteca: a Biblioteca dos Rosales. Compartimos con todos vós o texto de presentación do convite:

Logo dun longo camiño de proxectos e trámites, de reunións e conversas, de acción e de colaboración de moita xente, chega a celebración, celebración dos veciños que xa poden gozar dun novo espazo público en que se encontraren cos outros, coa cultura, coa información, …e celebración de todos e todas os/as que participamos deste proxecto desde os seus inicios porque conseguimos materializalo en algo real e tanxible. Pero tamén celebración doutra xente: docentes, membros de asociacións e colectivos do barrio e da cidade cos que traballamos no desenvolvemento dun proxecto cultural e educativo coa cidadanía. E isto sen nos esquecermos de moitas máis persoas: bibliotecarios e bibliotecarias, políticos e políticas, creadores e creadoras…, compañeiros e compañeiras de ilusións, de desexos, cómplices dun soño: bibliotecas de todos e para todos.

Por iso contamos con vós para participardes en todos os actos que aparecen no programa do convite da nova Biblioteca dos Rosales.

Folleto de presentación e programa de actividades: [Descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 Comments for “Inaugurada a nova Biblioteca dos Rosales”

Trackbacks

  1. 1. » Xabier P. Docampo e Xosé Cobas pasean por cidades imaxinarias hoxe na Biblioteca dos Rosales
  2. 2. » Xabier P. Docampo e Xosé Cobas pasean por cidades imaxinarias hoxe na Biblioteca dos Rosales

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path