Outonarte 09: Son e poder, seminario de Chiu Longina

Dentro da programación de Outonarte do 5 ao 9 de outubro terá lugar un taller/seminario co título Son e poder. Tecnoloxías sonoras de control social. Armas acústicas, impartido por Chiu Longina, Escoitar.org. O taller trata de mostrar unha panorámica actual dos diferentes usos, desenvolvementos e implementacións tecnolóxicas baseadas en tecnoloxía sonora cuxa utilización ten como obxectivo exercer control social e poder ou atacar e defenderse (o caso das armas acústicas).
DIRIXIDO A: Artistas, músicos, científicos sociales, activistas sonoros e creadores nas áreas da imaxe, o son ou a produción multimedia interesados na experiencia acústica. Maiores de 16 anos.
INFORMACIÓN E MATRÍCULA: picar aquí
Dossier informativo: [descargar]














