Gala Lírica de Ópera e Zarzuela

mércores, 23 setembro 2009, 16:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

A programación do LVII Festival de Ópera da Coruña inclúe mañá xoves 24 de setembro unha Gala Lírica de Ópera e Zarzuela coa participación da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Josep Caballé-Domenech e as voces de Francisco Corujo, Javier Franci, Virginia Wagner, María José Montiel. Interpretarán pezas de Rossini, Donizetti, Verdi, Saint-Säens, Halevy, Soutullo, Sorozábal e Luna. A función comezará ás 20:30 no Pazo da Ópera e o prezo das entradas é de 10, 15, 20 e 25 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continúa o ciclo "Poetas coruñeses" na Alexandre Bóveda

martes, 22 setembro 2009, 14:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , , ,

Hoxe martes 22 ás 20.00 horas continúa o ciclo de poetas coruñeses organizado por Miguel Mato para a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Esta vez intervirán os poetas e tradutores Suso Pensado e Xoán Abeleira presentados polo poeta e narrador Xulio López Valcárcel. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia sobre a Torre no Circo de Artesáns

martes, 22 setembro 2009, 13:30 | Category : Torre de Hércules, conferencias
Tags :

Hoxe ás 20:30 no Circo de Artesáns (San Andrés, 36) terá lugar unha sesión do ciclo de conferencias “Historias coruñesas”. De los Giannini a los Antelo. La Torre de Hércules en la primera mitad del siglo XIX é o título da charla que impartirá Javier López Vallo. A entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Concelleira de Cultura denuncia a paralización de diversos proxectos culturais na cidade por parte do Goberno do PP na Xunta de Galicia

luns, 21 setembro 2009, 14:30 | Category : comunicados
Tags :

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, ante as últimas informacións sobre a intención do actual Goberno do PP na Xunta de Galicia nas que parece definitivo que non se vai celebrar o Cultur.gal este ano, a Concelleira quixo poñer de manifesto a malísima nova que supón non só para a nosa cidade que ía ser a sede permanente do evento, senón para todo o sector cultural galego xa que “se vai desfacer unha das iniciativas máis importantes para a cultura galega”.

A Concelleira de Cultura lembrou que o ano pasado pasaron por esta feira máis de 37.000 persoas coa participación de 70 entidades do sector do libro, do ámbito musical, da produción e distribución audiovisual, novas tecnoloxías, servizos técnicos, entidades relativas á creatividade, do sector das artes escénicas, da comunicación e de entidades relacionadas coa dinamización sociolingüística as que hai que sumar a presencia das distintas asociacions relacionadas co sector cultural galego e distintos colaboradores.

A Concelleira considerou unha pérdida moi grave non só para a cidade da Coruña senón para toda Galiza xa que se trataba dunha iniciativa que buscaba amosar toda a fortaleza e vitalidade da cultura feita en Galiza ao mesmo tempo que incentivaba a adquisición de libros, discos e filmes galegos durante o Nadal e que ante os datos de participación do ano pasado, contaba cunha moi boa acollida na cidadanía.

María Xosé Bravo calificou de “moi perxudicial” a decisión da Xunta de non levar a cabo este importante evento na cidade sobre todo tendo en conta a actual situación de crise e pediu ao Partido Popular coruñés que amose a súa postura ante esta decisión do goberno autonómico do seu partido que amosa unha vez máis a súa falla de compromiso coa cidade da Coruña.

CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO
Outro dos temas preocupantes destacados pola Concelleira de Cultura céntrase no futuro da sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña para o que o BNG logrou que se aportasen dende o Goberno central 1.700.000 euros e o propio Concello informou da cesión dunha parcela. Pese a insistencia da Concelleira en lembrar a existencia desta parcela todavía non se ten contestación oficial sobre se a Xunta de Galicia vai construír ou non este edificio e o que é máis grave aínda, a día de hoxe a actividade do Centro Coreográfico Galego atópase nunha situación de total incerteza co cesamento da directora sen que se teñan novas do que se vai facer a partires deste momento.

140.000 EUROS DO XACOBEO
A Concelleira de Cultura informou tamén do compromiso verbal ao que chegou o seu departamento co anterior Goberno galego no que se comprometían a aportar 140.000 euros a Concellaría de Cultura para o impulso de varias actividades culturais a cambio de publicitar o Xacobeo nas mesmas. Algunhas delas xa tiveron lugar como o festival de danza Empape pero ata o momento non se tivo resposta sobre se esta aportación se vai manter ou non pese a que a Concelleira enviou diversos correos ao novo goberno solicitando unha entrevista co Conselleiro de Cultura sen recibir ningún tipo de resposta.

MOSTRA DE CIENCIA E CINEMA
A Concelleira denunciou que non existe axuda ningunha por parte da Xunta de Galicia para a celebración da II Mostra de Ciencia e Cinema que se realiza en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e que recibiu 46.000 euros do anterior goberno galego. Ante o retraso ou a suspensión das subvencións para este fin a Concellaría de Cultura viuse obrigada a realizar este festival en solitario. Así durante o mes de outubro terá lugar a II Mostra de Ciencia e Cinema grazas ao esforzo económico do Concello da Coruña.

MUSEOS CIENTÍFICOS
A sinatura do convenio coa Concellaría de Economía e Industria para a divulgación científica a través dos Museos Científicos é outro dos temas no aire. Un convenio que estaba xa moi avanzado co anterior goberno autonómico que contemplaba unha aportación de 250.000 euros para a realización dunha exposición sobre científicos pero que a día de hoxe todavía segue sen resposta.

AXUDAS PARA O ARQUEOLÓXICO
A Concelleira de Cultura explicou ademais que neste tempo só confirmaron nos primeiros días de xullo que a Xunta aportaría 38.000 euros para arranxar o patio do Museo Arqueolóxico ainda que sinalou que debido a tardanza en respostar dende a Consellería ponse en risco outra subvención que o seu departamento tiña xa asinada coa Deputación.

Ante esta situación de parálise a Concelleira de Cultura emprazou ao PP coruñés a que esixa aos seus compañeiros de partido no Goberno autonómico que cambien a súa posición e opten por apoiar a cultura na cidade herculina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"Festival da Lingua", mañá no Campo da Leña

venres, 18 setembro 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags :

festivallingua
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continúan as proxeccións de cinema na rúa

venres, 18 setembro 2009, 11:00 | Category : cinema
Tags : ,

Festival de curtas: OfestivalON five. Venres 18 ás 22:30 na Praza de Azcárraga. Entrada libre. Programa: 0’8 milígramos (Imanol Ruíz de Lara), Continuará (Esther Fernández Carrodeaguas), Túneles en el río (Igor Galuk), On/Off (Avgousta Zourelidi), Runners (Marc Reixach), On the line (Jon Garaño), Pode ser (Carlos Seijo), Marruecos, un viaje de colores (Álvaro Sanz Alonso).

Cine para nenos nos barrios: a caixiña dos mistos
Sábado 19 no Campo da Leña (Praza de España) de 11:30 a 14:00 e no Campo de Marte de 16:30 a 20:00. Máis información na web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do filme A clase, hoxe no CGAI

xoves, 17 setembro 2009, 10:25 | Category : cinema
Tags : ,

Hoxe ás 20:30 proxéctase no CGAI A clase (Entre les murs) de Lauren Cantet, Palma de Ouro no Festival de Cannes 2008, ao abeiro do VI Congreso sobre as migracións en España. O filme será presentado polo catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía Política da Universitat de Valencia F. Javier de Lucas Martín e o crítico cinematográfico Martin Pawley. A entrada é gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monstros mariños, novo filme en 3D na Domus

xoves, 17 setembro 2009, 10:15 | Category : audiovisual, ciencia, cinema, museos científicos
Tags : , ,

O curso escolar comeza na Domus cunha estrea en 3D: Monstros mariños, produción de National Geographic que nos somerxe no mundo dos réptiles acuáticos que viviron na era dos dinosauros. Unha viaxe submarina polos océanos máis perigosos de todos os tempos.

Durante o Cretácico a Terra era moi diferente a como a coñecemos agora. Hai 80 millóns anos lugares como Kansas (EUA) estaban baixo un mar interior que dividía Norteamérica en dous. O clima era máis cálido, os niveis do mar eran máis elevados e unha maior parte da terra firme estaba mergullada. Neste escenario, os réptiles mariños tiveron o seu esplendor. A medida que se foron extinguindo, os seus esqueletos depositáronse en zonas que, debido aos procesos xeolóxicos, agora están secas e a moitos metros sobre o nivel do mar. Monstros mariños presenta este mundo a través de espectaculares e realistas animacións baseadas nos coñecementos obtidos dos achados paleontolóxicos, mesturando gráficos de alta resolución en 3D con potentes imaxes e un guión co selo distintivo de National Geographic.

O cinema en 3D da Domus conta co patrocinio de Caixanova e a Deputación da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Belle toujours

xoves, 17 setembro 2009, 10:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Belle toujours de Manoel de Oliveira, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Consagrados.

Horario: Xoves 17, 20:30. Venres 18, 20:30 e 23:00. Sábado 19, 17:30 e 20:30.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Padre nuestro

xoves, 17 setembro 2009, 9:30 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme Padre nuestro de Christopher Zalla, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Estreas en V.O..

Horario: Xoves 17, 20:15. Venres 18, 20:15 e 22:45. Sábado 19, 17:15 e 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Teatro Rosalía acolle a obra Náufragos

imagen-705

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou onte a obra de teatro Náufragos de André Roussin a cargo Teatro Galileo que acollerá o Teatro Rosalía de Castro os vindeiros xoves e venres ás 21.00 horas. Trátase dunha comedia que fala da convivencia humana tal e como destacou a Concelleira durante a presentación.

Un matrimonio de clase alta e o seu amigo común son víctimas dun naufraxio. Afortunadamente conseguen chegar até unha illa aparentemente deserta, onde deben facer fronte a un novo xeito de vida. Naquela illa os personaxes mestúranse entre eles, e os diálogos de dobre sentido funcionan coma un bisturí que vai abrindo a esencia das paixóns humanas. As tres persoas agardan un barco como quen agarda a Godot, máis na espera establécense novos xeitos de relacións sentimentais que cuestionan as relacións humanas contemporáneas. Mais logo intervén un cuarto personaxe que rompe novamente a orde sentimental establecida entre os personaxes. Deste xeito o espectáculo amósanos o míolo das relacións humanas e descúbrenos as raras complicacións destas, nun texto cargado de humor e ironía.

A obra está dirixida por Pedro Rubín e interpretada por Ana Santos, César Cambeiro, Paco Campos e Raúl Varo. As representacións terán lugar o vindeiro xoves 17 e venres 18 de setembro ás 21.00 horas e a entrada será de sete euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arranca o Forumfolk co concerto de Pablo Seoane Grupo

luns, 14 setembro 2009, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

pablo-seoane_grupo

Hoxe luns 14 ás 21 h terá lugar no Fórum Metropolitano o primeiro concerto do ciclo outono-inverno 09 do Forumfolk, un escaparate do folk e da música tradicional galega que busca novas propostas, formatos diferentes, estreas de traballos, presentacións discográficas, etc.

Este primeiro concerto corre a cargo do septeto liderado polo gaiteiro Pablo Seoane que presenta o seu novo proxecto Baila se "ques" bailar, un espectáculo de música galega de baile arranxado tanto para bailar como para escoitar. De feito o auditorio do Forum transformarase nun espazo diferente, unha mistura entre o auditorio convencional e un café teatro con espazo para bailar. Ademáis o grupo contará coa colaboración de músicos da Asociación Cultural Donaire.

Entradas: 5 euros (3 euros para usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centos de persoas ateigaron o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe a Manuel María

A Concellaría de Cultura da Coruña e a Fundación Manuel María encheron o pasado martes o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe ao poeta da Terra Cha, Versos para sempre cantar. O xornal El Correo Gallego fíxose eco do rotundo éxito da convocatoria, da que lles ofrecemos un pequeno resumo neste vídeo:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Maxia na rúa o sábado e o domingo

venres, 11 setembro 2009, 9:50 | Category : maxia
Tags : , ,

Estas son as actuacións desta fin de semana no programa do III Festival Internacional Maxia de Rúa:

Sábado 12

Magos: Mago Vituco e Willy Monroe
Lugares:
Praza da Sagrada Familia (12:30)
Campo de Marte (18:00)

Domingo 13

Magos: Mago Vituco e Willy Monroe
Lugares:
Praza das Conchiñas (12:30)
Obelisco (18:00)

Máis información na web Maxia de Rúa

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema na rúa para pequenos e grandes

venres, 11 setembro 2009, 9:40 | Category : cinema
Tags : ,

Festival de curtas: OfestivalON five.
Venres 11 ás 22:30 na Praza de Azcárraga. Entrada libre. Programa:
The Werepig (Sam Orti Marti)
Niño balcón (Pilar Palomero)
Tan preto e tan lonxe (Isabel Rey Fernández)
Socarrat (David Moreno)
En la otra camilla (Luis Melgar)
In the name of God (Julia Geker)
El Encargado (Sergio Barrejón)
Campás (Jairo Iglesias).

Cine para nenos nos barrios: a caixiña dos mistos
Sábado 12 na Praza Elíptica dos Rosales. Máis información na web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google