Festa/Feira de creación cultural, en novembro na Coruña
O pasado ano celebrouse na cidade o Cultur.gal, organizado pola Consellería de Cultura, polo que pasaron 40.000 persoas en 4 días que durou a Feira. Este ano a Consellería decidiu non facelo.
A Concellaría de Cultura, cumprindo coa súa responsabilidade coa cidade que fora elixida sede permanente do Cultur.gal, desexa promover unha Festa/Feira de creación cultural. Esta terá lugar na última fin de semana de novembro (28 e 29). Queremos que sexa unha Festa onde a cidadanía se sinta parte da mesma, e queremos comezar porque vós sexades os que determinedes que nome que vai levar.
En que consistirá a Feira? Dentro das nosas posibilidades orzamentarias tentaremos que haxa mostras dos produtos e traballos de todo o sector cultural: que estea representado o mundo editorial, audiovisual, produtoras musicais, artes escénicas..., en definitiva, a idea é que estea presente todo a xente da cultura que queira participar. Haberá actuacións musicais, teatro, monólogos, obradoiros para nenos ou para adultos...
CAL É A VOSA PROPOSTA DE NOME PARA A FESTA/FEIRA?. Enviádenos por correo electrónico as vosas suxestións.















1Pejigo
wrote on 20 outubro 2009 at 10:08
cultur.A
Coruña
Serviría pra darlle continuidade ao cultur.gal e defender o topónimo ao mesmo tempo
2Pejigo
wrote on 20 outubro 2009 at 10:08
cultur.A
Coruña
Serviría pra darlle continuidade ao cultur.gal e defender o topónimo ao mesmo tempo
3sabugueiro
wrote on 27 outubro 2009 at 18:01
Se non hai problema de uso de nome eu deixaría o de cultur.gal, no caso contrario propoño Art-abria.
4sabugueiro
wrote on 27 outubro 2009 at 18:01
Se non hai problema de uso de nome eu deixaría o de cultur.gal, no caso contrario propoño Art-abria.