Comeza unha nova edición de TODO PÚBLICO

xoves, 15 outubro 2009, 12:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

Cartaz Todo Publico

O ciclo das artes escénicas para todas as idades TODO PÚBLICO é un dos alicerces da programación do Forum Metropolitano e compón unha programación estable de teatro para nenos e nenas na cidade. Os espectáculos que compoñen este ciclo son ofertados en días lectivos aos colexios dentro da oferta de teatro escolar e na fin de semana para un público familiar. O ciclo abarca o conxunto das artes escénicas incorporando espectáculos de títeres, teatro-circo e danza.

O obxectivo do proxecto é ofrecer unha programación de artes escénicas á población infantil coa finalidade de enriquecer as súas experiencias para favorecer o desenvolvemento de sensibilidades; crear hábitos culturais na medida na que non satisfacen necesidades naturais e esixen, polo tanto, o descubrimento e o desenvolvemento da vontade; orecer recursos para a formación, na medida na que aportan elementos formativos para a infancia; e favorecer o desenvolvemento de hábitos de convivencia porque a asistenza a unha representación teatral presupon un acto social.

A oferta deste ano contempla un total de 8 espectáculos adicados a distinas franxas de idades (3 para nenos + 3 anos, 3 para nenos + 5 anos e 2 para nenos + 6 anos). Tedes toda a información no programa Todo Público 2009: Folleto 1 + Folleto 2 + Cartaz

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Forum: Half Nelson

xoves, 15 outubro 2009, 11:15 | Category : cinema
Tags :

Half Nelson de Ryan Fleck, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Encrucilladas.

Horario: Xoves 15, 20:30. Sábado 17, 17:30 e 20:30. O venres 16 non hai proxección.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Tres monos

xoves, 15 outubro 2009, 11:00 | Category : cinema
Tags :

O filme Tres monos de Nuri Bilge Ceylan, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo O Oriente máis próximo.

Horario: Xoves 15, 20:15. Venres 16, 20:15 e 22:45. Sábado 17, 17:15 e 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Esgotadas as entradas para as tres actuacións da compañía Pilobolus

xoves, 15 outubro 2009, 10:30 | Category : danza, música, teatro
Tags : ,

Shadowland

Dentro da programación de outono do Teatro Rosalía de Castro, a compaía norteamericana Pilobolus presentará os próximos días 16 e 17 o seu espectáctulo Shadowland, unha magnífica síntese de teatro e danza que conta as aventuras galácticas dunha moza que fica atrapada nun exótico universo de sombras e se move por escenas de amor e horror buscando unha salida. Grazas aos efectos de son e música as sombras parecen cobrar vida e transformarse constantemente.

Haberá tres funcións, unha o venres 16 ás 20.30 h., e dúas o sábado 17 ás 17 e 20.30 h. As entradas para as tres funcións están esgotadas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O ceo de outubro

xoves, 15 outubro 2009, 9:00 | Category : astronomía, ciencia
Tags : ,

Guia do Ceo Outubro blog
Mapa do ceo do mes de outubro: [descargar]

Mercurio acada a súa máxima elongación leste o día 6 (17,9º). Dous días despois entra en conxunción con Saturno pouco antes do abrente; Venus estará tamén moi perto. O día 13 será Venus quen estea en conxunción con Saturno antes da saída do Sol. O día 7 e tamén antes do amencer a Lúa ocultará ás Pléiades, na constelación de Taurus. Xúpiter é visíbel na primeira parte da noite e Marte entra na constelación de Cáncer.

É un bo momento para buscar unha estrela moi brillante e próxima ao horizonte sur, Fomalhaut, en Piscis Austrinus. Pode servirnos de referencia para encontrala outro gran asterismo do ceo, o Gran Cadrado de Pegaso, parte da constelación do mesmo nome. Moi ao sur desta figura veremos Fomalhaut, que destaca nunha zona con poucas estrelas brillantes. Tamén ao sur de Pegasus están Pisces e Cetus, constelacións de estrelas de pouco brillo, pero facilmente observábeis en lugares escuros, os que sempre recomendamos para gozar do ceo. As estrelas máis brillantes de Cetus son Deneb Kaitos e Menkar, mais nesta constelación atópase ademais unha estrela curiosa e moi coñecida, Mira (a Marabillosa), prototipo de variábel pulsante de longo período e a primeira estrela recoñecida por ter variacións no seu brillo. O periodo de Mira (omicron Ceti) é de 332 días. Polo xeral, a magnitude de Mira oscila entre 3,5 e 9, mais presenta máximos e mínimos que poden ser moito máis intensos (ou moito máis febles) que estes valores medios. O seu gran rango de variación e o seu brillo fan que a observación de Mira sexa singularmente doada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 09: "Familia de idiotas" presenta o Deconstrucine

mércores, 14 outubro 2009, 10:00 | Category : Arte, cinema
Tags : , ,

familiadeidiotasEspectador? Protagonista? Actor secundario? Guionista? Pantalla de proxección?... Todos os papeis do reparto e dunha soa vez. Outonarte 09 dedicaralle a xornada de hoxe mércores ao Deconstrucine. Así, o público que se achegue hoxe día 14 pola sala Palexco ás sete da tarde, poderá participar no ’happening’ que desenvolverá o grupo Familia de Idiotas no tiene TDT. Trátase dunha performance interactiva que establece un diálogo entre os dous cinemas, o analóxico e mais o dixital, convertendo “ao individuo en receptor e tamén en parte da mensaxe”. “O público –explica Ángel Rueda, un dos integrantes de Familia de Idiotas no tiene TDT xunto con Ana Domínguez e Miguel Mariño- deixa de ser simple espectador e faise un elemento máis da película. Non vén ao cine para sentar, calar e mirar a pantalla, senón para interactuar e ser parte da filmación e do filme”.

O obxectivo non é outro que conseguir a participación activa do espectador como xerador dunha nova linguaxe cinematográfica na que convivan o xeito tradicional de facer cine e as novas tecnoloxías, indica Rueda. Para iso neste xogo colectivo que é Deconstrucine Familia de Idiotas no tiene TDT “altera a esencia de todos os elementos do cinema e fai que o espectador sexa observado, até se converter nun soporte, nun elemento vivo da proxección”. Desta maneira, a película sucede en tempo real dentro e fóra da pantalla, que deixa de ser plana para ser poboada polo espectador. Non en balde o seu corpo converterase mesmo en pantalla, pois será a súa figura o soporte que reciba as imaxes botadas desde varios proxectores. Esas instantáneas son tamén capturadas en vídeo e proxectadas sobre a pantalla real, xerando así unha nova película que se transforma deseguido pola acción dos participantes. Os que se manteñan fóra de “Deconstrucine” tampouco non serán alleos á experiencia, xa que a proxección será visible por ambos os dous lados da pantalla.

Ángel Rueda, creador audiovisual e fotógrafo, é membro fundador da produtora cinematográfica “LILI FILMS”, onde se dedicou a rescatar arquivos cinematográficos. Entre eles destaca a recuperación de El andamio, película rodada na Coruña en 1958 e que permanecía agochada. Coa metraxe atopada realizou máis de vinte pezas de montaxe e creación onde experimentou sobre a representación do cinema en vivo ou ‘Live Cinema’. Ana Domínguez leva máis dunha década relacionada co mundo do audiovisual, tanto en cinema como en televisión. Desde 2007 dedícase á producción independente. Entre os seus últimos traballos están o documental 50 años en el andamio, Autorretrato ou O ceo do Súper 8. Miguel Mariño é director de desenvolvemento de proxectos en diferentes produtoras, labor que compaxina coa escritura de guións e a realización de pezas audiovisuais. Por citar algunhas, a curtametraxe Nemo (Premio Mestre Mateo 2008 á Mellor Obra Experimental), 3 Mares ou Alcaian, o primeiro partido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Jaureguizar na González Garcés

martes, 13 outubro 2009, 23:00 | Category : bibliotecas, conferencias, escritores
Tags : ,

jaureguizar
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os contos favoritos de Mickey, desde o xoves no Coliseum

martes, 13 outubro 2009, 13:01 | Category : infantil
Tags :

Este xoves chegará por primeira vez á Coruña o espectáculo Disney Live! coa produción Los cuentos favoritos de Mickey. O xixante internacional do lecer infantil conta para estas propostas en vivo coa producción de Feld Entretaiment e a organización de Proactiv, que apostaron decididamente pola nosa cidade nesta xira de DISNEY LIVE!. O noroeste peninsular terá un referente na Coruña do vindeiro 15 a 18 de outubro no que a propostas de ocio familiar se refire. O ritmo de venda amosa que serán moitas as familias que se achegarán para ver de preto a Mickey e os seus amigos. Tal está a ser a demanda que o número de funcións previstas aumentou de cinco a sete e xa van vendidas máis de 12.000 entradas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Variada oferta de conferencias hoxe martes na Coruña

Casa Museo Casares Quiroga (Panaderas, 12), Ciclo REPRESIÓN E DEFENSA DOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS EN GALIZA: HISTORIA DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA EN GALIZA, por María Pilar Freitas Juvino. Martes 13 ás 19:30. Entrada: libre até completar capacidade

Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande), CICLO: LINGUA, LITERATURA E NAZÓN: “LÍNGUA E TRANSFORMACIÓN SOCIAL”, por Francisco Rodríguez Sánchez, político e intelectual. Organiza Agrupación Cultural O Facho. Martes 13 ás 20:00. Entrada: libre até completar capacidade.

Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Olmos 16-18, 1º), CICLO POETAS CORUÑESES: CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS. Martes 13 ás 20:30. Entrada: libre até completar capacidade

Paraninfo da Reitoría da Universidade (Maestranza, 9), II XORNADAS DE DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO GALEGO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA: “EN TORNO Á FIGURA E Á MUSICA DE ANDRÉS GAOS BEREA 1874-1959”. Organiza Aula de Música da Universidade da Coruña. Mesa redonda, por Andrés Gaos Guillochón, Julio Andrade Malde, Maximino Zumalave e Florian Vlashi. Conferencia-concerto. “As obras orixinais para violín e piano de Andrés Gaos”. Julio Andrade (conferenciante), Florian Vlashi (piano) e Nicolás Cadarso (piano). Martes 13 a partir das 20:00.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: concerto de Marta Quintana

domingo, 11 outubro 2009, 23:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

martaA arpista e cantante Marta Quintana presentará este luns 12 de outubro o seu primeiro disco Océano en calma coa súa nova formación. Neste traballo no que coa súa fermosa voz e arpa mestura a música tradicional con temas propios, ritmos tradicionas con sons actuais nun ambiente calmo de sensacións máxicas no que a música e a danza son un todo para levar ao espectador á fantasía. Marta Quintana forma parte desa nova xeración de arpistas discípulas de Rodrigo Romaní. O concerto comenzará ás 21 h. no auditorio do Fórum Metropolitano e o prezo das entradas é de 5 euros (3 euros carné xove, maiores de 65 anos, desempregados, membros das asociacións de música tradicional da cidade).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Museos Científicos Coruñeses convocan 67 bolsas para estudantes universitarios

venres, 9 outubro 2009, 15:00 | Category : museos científicos
Tags :

O obxecto da convocatoria é a concesión de bolsas para a realización de prácticas en tarefas de comunicación social da ciencia e en actividades pedagóxico-divulgativas nos Museos Científicos Coruñeses, englobadas nos programas Visitas Guiadas (56 bolsas) e Prácticas de Museoloxía (11 bolsas). Os destinatarios son alumnos de últimos cursos de carreira ou que superasen polo menos a metade dos créditos necesarios para obter a titulación correspondente, sexan menores de 28 anos e que teñan o seguro escolar en vigor.

Para solicitar unha bolsa hai que cumprir un formulario que se encontra dispoñible na web dos Museos Científicos Coruñeses e envialo á Secretaría do Aquarium Finisterrae a este enderezo electrónico ou ao fax 981 189 843 antes do 26 de outubro de 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Aquarium Finisterrae celebra do 10 ao 18 de outubro a Semana Europea dos Tiburóns

venres, 9 outubro 2009, 11:00 | Category : museos científicos
Tags : ,

Co lema O depredador convertido en presa o Aquarium disporá un espazo no que realizar actividades para descubrir o papel que os tiburóns xogan para a conservación dos nosos mares e o perigo en que se atopan estes animais debido á sobreexplotación pesqueira.

Ademais, todos os nenos entre 3 e 12 anos terán a oportunidade de participar nun concurso de debuxo. Os gañadores nas tres categorías (3-5, 6-9 e 10-12 anos) recibirán unha camiseta especialmente deseñada, un lote de libros e un bono para entrar de balde no acuario español que elixan.

A Semana Europea dos Tiburóns é unha iniciativa promovida pola Shark Alliance (coalición de asociacións non gobernamentais dedicada á conservación das poboacións de tiburóns), e na que participan acuarios e zoos pertencentes á Asociación Ibérica de Zoos e Acuarios (AIZA), entre os que se atopa o Aquarium Finisterrae da Coruña, o Zoo Aquarium de Madrid, Faunia de Madrid, o Acuario de Gijón, L 'Oceanogràfic de la Ciudad de las Artes y las Ciencias de Valencia, o Aquarium de San Sebastián, L'Aquarium de Barcelona, e o Museo Marítimo del Cantábrico de Santander.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ovay, espectáculo de danza de Quique Peón no Rosalía

xoves, 8 outubro 2009, 13:00 | Category : danza
Tags :

sur 6

O Teatro Rosalía acollerá mañá venres 9 e o sábado 10 o espectáculo de danza de Quique Peón Ovay, que no idioma dos Canteiros significa “valente”. Ovay representa a libertades sen lastres, o movemento renovado, a reflexión sobre a propia esencia da danza dun artista en plena madurez coma Quique Peón.

Nesta produción en solitario Quique Peón escenifica as catro estacións do camiño da vida, os catro puntos cardinais da nosa experiencia e os catro elementos da alma, conceptos universais e atemporais encrucillados, ante os que nos movementos a cegas sen comprender o sentido do noso ser, “porque o sentido no noso ser está na fusión de todos eles e só se alcanza coa íntima comprensión da nosa multiplicidade” en palabras do propio Quique. O espectáculo representarase no Teatro Rosalía de Castro os dous días ás 20.30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: The History boys

xoves, 8 outubro 2009, 12:30 | Category : cinema
Tags :

The History boys de Nicholas Hytner, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Encrucilladas.

Horario: Xoves 8, 20:30. Venres 9, 20:30 e 23:00. Sábado 10, 17:30 e 20:30.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Capitán Abu Raed

xoves, 8 outubro 2009, 12:00 | Category : cinema
Tags :

O filme Capitán Abu Raed de Amin Matalqa, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo O Oriente máis próximo.

Horario: Xoves 8, 20:15. Venres 9, 20:15 e 22:45. Sábado 10, 17:15 e 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google