A banda de rock Barón Rojo actuará na Coruña en marzo

luns, 30 novembro 2009, 14:30 | Category : concertos, música
Tags : ,

foto oficial BaronRojo 2010

A mítica banda española de rock Barón Rojo pasará pola Coruña dentro do tour que celebra o seu trinta aniversario. O grupo recupera a súa formación orixinal para dar no Coliseum da Coruña o vindeiro 6 de marzo ás 22 horas o seu único concerto en Galicia. As entradas poranse á venta mañá martes no despacho de billetes da Praza de Ourense (no horario habitual, de luns a venres de 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas), a través do servizo de televenta de Caixanova ou o mesmo día do espectáculo no propio Coliseum. O prezo das entradas é de 23 € (20 € en venta anticipada).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de fotografía no Fórum Metropolitano

luns, 30 novembro 2009, 14:00 | Category : exposicións, fotografía
Tags : ,

...Cualquier sitio é o título da exposición de fotografías de Darío Garzón que ocupará o hall do Fórum Metropolitano desde mañá martes día 1 de decembro até o xoves 10, os dous días inclusive. O martes ás 11 da mañá haberá unha rolda de prensa para presentar a exposición no propio Fórum Metropolitano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Vídeos en directo de AchegArte

domingo, 29 novembro 2009, 12:37 | Category : audiovisual, feiras
Tags :

Vídeos en directo da Feira AchegArte en actualización permanente a través de Blogaliza.tv

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte na prensa galega

domingo, 29 novembro 2009, 12:34 | Category : feiras
Tags : , , , , , ,

El Ideal Gallego: Máis de 20.000 visitantes sacan da crise ao sector cultural o primeiro día de Achegarte!

El País: Brillo cultural sin Xunta

La Opinión A Coruña: La gran fiesta de las artes de Galicia

La Voz de Galicia: A feira das industrias culturais Achegarte iniciouse reclamando a celebración de Culturgal en A Coruña

Vieiros: Último día para AchegArte á Coruña

Xornal de Galicia: Cando a Xunta acordou, a cultura seguía alí

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inaugurada a Feira AchegArte

sábado, 28 novembro 2009, 11:12 | Category : feiras
Tags :

A Feira AchegArte abriu esta mañá as súas portas nos dous espazos do Palexco e o Kiosco Alfonso. O horario de apertura da Feira hoxe sábado pola mañá é de 10:30 a 14:30. A música, a literatura, o audiovisual, as artes plásticas... todas as manifestacións da cultura que facemos están representadas no AchegArte. Proxeccións de curtas e documentais na sala Azimut; teatro e música nos escenarios do segundo andar; actividades de animación e obradoiros por todo o Palexco; danza e galerías de arte no Kiosco Alfonso... Agardamos por vós esta fin de semana no AchegArte!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte, a cultura que facemos, a cultura que queremos

venres, 27 novembro 2009, 13:05 | Category : feiras
Tags :

O sábado 28 e o domingo 29 celebramos na Coruña a feira AchegArte, dedicada á creación e á industria cultural feita no noso país ou por xente do noso país. AchegArte ten dous escenarios principais: o Palexco e o Kiosko Alfonso. Os horarios de apertura da feira son os seguintes:

PALEXCO
Sábado, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 22:00
Domingo, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 2100

KIOSKO ALFONSO
Sábado e domingo: de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:00

A entrada é libre e de balde. Podedes descargar en PDF o programa actualizado; botádelle un ollo porque hai pequenos cambios respecto do que colgamos hai uns días.

Programa de AchegArte

Calendario Google de AchegArte

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

¿Por qué lloras, Marie?, Teatro para nenos no Fórum

venres, 27 novembro 2009, 12:30 | Category : infantil, teatro
Tags : ,

Mañá sábado, día 28, o ciclo Todo Público trae ao Fórum Metropolitano unha montaxe da compañía vasca Marie de Jongh, que acadou o premio ao mellor espectáculo na Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas celebrado en Xixón en 2008 e que supón un referente en espectáculos para a infancia.

¿Por qué lloras, Marie? é un espectáculo sen palabras, de intenso clima emocional, magníficamente matizado por oportunos toques de humor e de gran tenrura no que se plantexa que os nenos tamén son suxeitos con problemas; neste caso trátase dunha nena conflitiva nunha gardaría. A función do día 28 dará comezo ás 19 horas; as entradas son a 5 € e existe un abono familiar para tres persoas ao prezo de 12 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Colgados de Áncora Producións, esta fin de semana no Rosalía

venres, 27 novembro 2009, 11:00 | Category : teatro
Tags : , ,

ColgadosBn

En épocas de crise hai moito colgado. Homesoga é un colgado profesional. O Concello da Coruña convídao a facer unha demo no Rosalía este fin de semana. Que tes un problema grave, pois el cólgase por ti. En fin, se precisas dos seus servizos, vén os días 27, 28 e 29 de novembro ao Teatro Rosalía Castro a gozar co espectáculo que presenta Áncora Producións, Colgados. As funcións do venres e o sábado son as 20.30 h.; a do domingo, ás 19 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa AchegArte

martes, 24 novembro 2009, 18:35 | Category : Sen clasificar
Tags :

Xa podes consultar toda a programación de AchegArte!

Se queres inscribirte en algún dos obradoiros podes facelo nas Bibliotecas municipais durante esta semana ou na Secretaría de AchegArte no mesmo día do obradoiro.

Vémonos en AchegArte!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe presentouse o programa completo de AchegArte

luns, 23 novembro 2009, 18:00 | Category : feiras
Tags :

ACHEGARTE

O vindeiro fin de semana o Palexco e o Kiosco Alfonso acollerán unha cita importante coa cultura galega, AchegARTE: A Cultura que facemos. A cultura que queremos impulsada pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo.

A convocatoria partiu dun colectivo de persoas que reclamou da Consellería de Cultura a reedición do Culturgal, un acontecemento que reuniu a miles de persoas na cidade arredor das distintas manifestacións da nosa cultura.
A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña fíxose eco desta iniciativa colectiva e desinteresada, achegando o seu apoio e sumando tamén o apoio da Área de Promoción Económica da Vicepresidencia da Deputación da Coruña para facermos realidade entre todos e todas esta proposta. “Unha iniciativa importante para dar visibilidade á nosa cultura, para difundila e sobre todo para demostrar que ten un peso decisivo na economía do país” tal e como destacou a Concelleira de Cultura “porque a cultura xera riqueza e emprego e porque o investimento en cultura é sempre rendíbel a longo prazo”. Nesta feira/festa da cultura ao longo da fin de semana haberá espazo para as artes escénicas, as artes visuais, a música, o libro, o audiovisual, a danza e os servizos socioculturais.

AchegARTE está pensado como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura que facemos. Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega. Nesta cita coa cultura galega poderase gozar do noso teatro, a música, as artes plásticas, o audiovisual, a danza, a palabra cantada e falada.... mais tamén será o lugar onde mercar o libro que buscas, a música que che gusta, a película que non viches, os agasallos do Nadal; ou a ocasión para facer un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. Unha programación para todos os públicos.

Programa completo de AchegArte (PDF, 1042 KB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google