A conservación dos océanos a debate en decembro na Domus

martes, 17 novembro 2009, 14:00 | Category : ciencia, natureza, seminario
Tags : , , ,

seminarioOs días 10 e 11 de decembro terá lugar na Coruña e en Santa Cruz o seminario A conservación en acción. O desafío de conservar os océanos, organizado polo CEIDA e os Museos Científicos Coruñeses. Podedes descargar o programa completo e a ficha de inscrición premendo nesta ligazón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dun libro en homenaxe a Manuel María

xoves, 12 novembro 2009, 10:00 | Category : homenaxes, presentacións
Tags :

Hoxe ás 20 horas na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande), presentación do libro Manuel María: literatura e nación. Interveñen Pilar García Negro, Teresa López, Alberte Ansede, Xoan Costa, Cesáreo Sánchez e Fernando González.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Poetas di(n)versos, novo ciclo de recitais

mércores, 11 novembro 2009, 15:00 | Category : poesía, recitais
Tags :

PoetasDinversos1

PoetasDinversos2

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MC2: Actividades da Semana da Ciencia

martes, 10 novembro 2009, 12:00 | Category : ciencia, museos científicos
Tags :

semanaciencia
Picar sobre a imaxe para vela ampliada
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Antonio Reigosa na Biblioteca González Garcés

martes, 10 novembro 2009, 8:00 | Category : Libro e lectura, bibliotecas, conferencias
Tags : ,


Picar sobre a imaxe para ampliala
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético de Miguel Mato e Olga Patiño

luns, 9 novembro 2009, 20:30 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que mañá martes 10 de novembro terá lugar o derradeiro acto, antes da Gala final de decembro, do ciclo Poetas coruñeses: a palabra na voz de quen a crea. Nesta ocasión participarán Miguel Mato e Olga Patiño, presentados polo presidente da AC Alexandre Bóveda, D. Roberto Catoira. Será ás 20:30 h. no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16/18,1º), con entrada libre até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Anselmo López Carreira

luns, 9 novembro 2009, 20:00 | Category : conferencias, historia
Tags : ,

O historiador Anselmo López Carreira impartirá mañá martes 10 de novembro ás 20 horas na Fundación Caixa Galicia da Coruña unha conferencia sobre a desaparición do Reino de Galiza na Historia española. O acto está organizado pola Agrupación Cultural O Facho e insírese no ciclo Economia e História da Galiza. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Últimos días para ver a exposición de Rodin

luns, 9 novembro 2009, 15:00 | Category : escultura, exposicións
Tags : ,

exp rodin

O vindeiro domingo, 15 de novembro, pechará as 21:00 no Kiosco Alfonso da Coruña a mostra Rodin e a mitoloxía simbolista, que inclúe 85 obras entre esculturas -a maioría na súa versión en bronce- e debuxos do artista.

Organizada pola Obra Social Fundación “la Caixa” coa colaboración do Museo Rodin de Paris e o Concello da Coruña, a mostra afonda na conexión do escultor coa corrente simbolista e a interpretación da mitoloxía. Auguste Rodin (1840-1917) é coñecido como un dos escultores que mellor marcaron o camiño cara a arte do século XX, sacándoo da fase académica e convirtíndoo nunha creación absolutamente persoal, plena de análises formais e de enerxía.

A exposición divídese en diferentes apartados a través dos cales o visitante poderá coñecer ao artista, a súa vida e a súa obra; o seu interese pola mitoloxía, a interpretación antropomórfica dos grandes elementos naturais, a natureza salvaxe ou a expresión das pasións e os sentimentos a través das súas esculturas.

Entre as obras mostradas atópanse algunhas das máis importantes creadas polo escultor: O home do nariz roto, considerada polo artista a súa primeira obra importante, Os Burgueses de Calais, Balzac, A Catedral, As Portas do Inferno, O Pensador, O Bico...

Ata o momento visitaron a mostra máis de 20.000 persoas. O gran interese da exposición reflictouse tamén nas visitas de grupos, concertadas previa cita de luns a venres, co seu calendario cuberto ata a clausura da exposición. Aínda temos a posibilidade de facer unha visita guiada para particulares o vindeiro mércores ás 18 horas (sen cita previa). O horario da exposición é de luns a domingo de 12 a 14 e de 18 a 21 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro no Rosalía: O segredo dos Hoffman

venres, 6 novembro 2009, 15:00 | Category : teatro
Tags : , ,

OSegredoBn

Existe algunha familia que non garde algún segredo do que non pode ou non debe falar? Os Hoffman gardan un, o que levou ao cabeza de familia a marchar á Arxentina. Sobre ese segredo constrúese o novo espectáculo da compañía galega Lagarta Lagarta que se representará no Teatro Rosalía Castro os días 6 e 7 de novembro. Rosa Álvarez encárgase da dirección mentres que Ernesto Chao se integra nun reparto coral do que tamén forman parte Belén Constenla, Xosé Barato e Rebeca Montero.

As funcións comezan os dous días ás 20:30 horas. As entradas poden adquirirse pagando entre seis e trece euros na billeteira do teatro, na da Praza de Ourense ou a través do servizo de televenta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curtas galegas para un "Outono audiovisual"

venres, 6 novembro 2009, 14:00 | Category : audiovisual
Tags : , ,

cartel outono audiovisual

A primeira sesión, mañá sábado 7 de novembro no Centro Social da Sagrada Familia ás 20 horas: Para mariñeiros nós, serie de curtametraxes creadas por Omar Rabuñal e Suso Lista.

flyer 1ª sesión 1

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Dark water

xoves, 5 novembro 2009, 13:45 | Category : cinema
Tags :

Dark water de Hideo Nakata, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Terror e ciencia ficción.

Horario: Xoves 5, 20:30. Venres 6, 20:30 e 23:00. Sábado 7, 17:30 e 20:30.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Atrapados no xeo

xoves, 5 novembro 2009, 13:30 | Category : cinema
Tags :

george_butler

O filme Atrapados no xeo (The Endurance: Shackleton's Legendary Antarctic Expedition) de George Butler, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cine e natureza.

Horario: Xoves 5, 20:15. Venres 6, 20:15 e 22:45. Sábado 7, 17:15 e 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xurxo Souto homenaxea á orquestra Os Satélites

xoves, 5 novembro 2009, 13:00 | Category : poesía, recitais
Tags : ,

Hoxe xoves, ás 20.30 horas, no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa dos Olmos, nº 16/18, 1º), Xurxo Souto recitará un poema longo titulado Satélites, Carta Astral. Os Satélites -a gran orquestra coruñesa- cumpre 70 anos e vaino celebrar este venres, cun concerto no teatro Colón. Na véspera do evento Xurxo Souto quere renderlle homenaxe coa lectura destes versos. O propio poema tamén está de aniversario, pois foi escrito hai vinte anos e recitado por primeira vez na Galería Sargadelos de Santiago, o 4 de abril de 1989.

En Satélites, Carta Astral, encóntrase a tradición nutricia da Grecia Clásica coa exuberancia tropical. Entre glosas de música caribeña, o autor acode a varias referencias helénicas -presentes na estética musical contemporánea- que acadan a súa apoteose no preciosismo desta orquestra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Testosterona co grupo Chévere no Fórum

mércores, 4 novembro 2009, 13:00 | Category : teatro
Tags : ,

Do mércores 4 ao domingo 8 o grupo Chévere presenta no Fórum Metropolitano a obra Testosterona de Carlos Gorostiza, e protagonizada por Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro "Pajarito" baixo a dirección de Xron. As funcións terán lugar cada día ás 20:30 (excepto o día 8 que será ás 19:00), e as entradas custarán 9 € (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, 6 €). O mércores 4 os espectadores poderán obter dúas entradas polo prezo dun só billete.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte: información xeral

martes, 3 novembro 2009, 14:00 | Category : feiras
Tags :

AchegArte é a feira da cultura que facemos, da cultura que queremos. Terá lugar na Coruña -en Palexco e no Kiosko Alfonso- os días 28 e 29 de novembro, e ofrecerá os seguintes contidos:

-Exposición e venda: sector audiovisual, asociacións culturais, software libre e empresas de xestión cultural, editoras, librarías, produtoras discográficas e axencias de representación, galerías de arte. Queres colaborar?

-Sala de proxeccións. Queres colaborar?

-Espazo musical para actuacións de pequeno formato de escolas de música públicas e privadas. Queres colaborar?

-Espazo de música e artes escénicas. Queres colaborar?

-Espazos para actos literarios e obradoiros. Queres colaborar?
*As actuacións de música e artes escénicas alternaranse cos actos literarios e os obradoiros.

-Aula de portátiles con wifi. Queres colaborar?

-Espazos para obradoiros. Queres colaborar?

-Espazo para actuacións de danza. Queres colaborar?

-Mesas de traballo sobre o estado da cuestión da Cultura galega. Cada mesa será moderada por unha persoa e outra encargarase de recoller por escrito unhas breves conclusións tiradas ao final da sesión. As conclusións serán publicadas neste mesmo blogue na semana posterior á celebración de AchegArte.

-Mesa da música: músicos, discográficas, empresas de representación, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa edición e literatura: autores, editores, libreiros, distribuidores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa artes escénicas: intérpretes, directores, autores, produtores, compañías, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa programación cultural: programadores, salas, empresas de xestión cultural, técnicos de concellos, asociacións culturais e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa software libre: asociacións, colectivos, empresas e toda persoa interesada. Queres colaborar?

-Mesa audiovisual: creadores, produtoras, distribuidoras, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?

Se queres colaborar na organización de AchegArte, podes facelo nas seguintes seccións:

-Secretaría e información.
-Sala de prensa.
-Reparto publi dentro e fóra de Palexco (programa de actividades)
-Coordinación sala proxeccións.
-Coordinación entradas e saídas escenario.
-Coordinación comezo e final obradoiros.
-Coordinación de salas.
-Levantar acta de cada mesa de traballo.
-Coordinación de voluntarios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google