Seis meses de música, teatro e danza na Coruña

xoves, 31 decembro 2009, 15:00 | Category : danza, música, teatro
Tags :

Despedimos o ano cun adianto da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2010 que realiza a Concellaría de Cultura coa colaboración de Caixanova. Que teñades unha feliz noitevella e un aínda máis feliz aninovo. Vémonos o ano que vén!

Programación cultural xaneiro-xuño de 2010: descargar PDF (3,6 MB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Illas de Cabo Verde, a primeira escala do Beagle, nova exposición na Domus

mércores, 30 decembro 2009, 12:00 | Category : ciencia, museos científicos
Tags : ,

postalA Domus presenta unha exposición coa que se clausuran os actos de celebración do Ano Darwin nos Museos Científicos Coruñeses. “Illas de Cabo Verde: primeira escala do Beagle” é unha exposición do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela que fala sobre as illas de cabo Verde como laboratorios naturais de evolución e diversificación, as expedicións científicas para estudar os moluscos mariños de alí, a aportación destas expedicións ao avance do coñecemento destes animais e o papel das novas tecnoloxías no estudo dos moluscos mariños.

Unha desas expedicións foi a do H.M.S. Beagle, o barco no que Charles Darwin fixo a súa viaxe de descubrimento científico. Entre o 16 de xaneiro e o 7 de febreiro de 1832 fixo escala nas Illas de Cabo Verde, onde estudou e recolleu mostras de animais, plantas e rochas, e fixo importantes descubrimentos, como a observación, nun acantilado, dun estrato de cunchas mariñas a uns 13 metros sobre o nivel do mar que o levou a desenvolver a súa propia teoría da elevación dos continentes.

Ao igual que noutras illas oceánicas de orixe volcánica, foi pouco despois da súa formación cando, de xeito fortuito, chegaron ás illas de Cabo Verde os primeiros moluscos mariños. Procedían das costas de África e doutras zonas máis afastadas.

Co paso do tempo estas poboacións de moluscos mariños foron evolucionando ata orixinar novas species exclusivas destas illas. As erupcións volcánicas causaron drásticas reducións no tamaño dalgunhas poboacións. Os individuos sobrevivintes continuaron evolucionando, xerando novas poboacións, de maneira semellante ao que sucedera cando se formaron as illas.

Como consecuencia destes procesos e das características propias das illas de Cabo Verde, na actualidade existe unha elevada variedade de moluscos exclusivos. Por iso este arquipélago continúa a ser un laboratorio natural para coñecer a evolución dos moluscos mariños.

A exposición que se presenta agora na Domus percorre todos estes aspectos a través de paneis gráficos, vídeos, vitrinas con exemplares dos moluscos e un xogo didáctico interactivo.

Unha parte importante da mostra detense nas expedicións realizadas nas Illas de Cabo Verde, que pódense diferenciar en dous períodos:

- Dende o descubrimento do arquipélago ata 1975. As illas constituían unha etapa das grandes expedicións, nas que adoitaban facer pequenas recoleccións de moluscos e unha listaxe das especies atopadas, na maioría dos casos con moitos erros. Corresponden a esta época, entre outras expedicións, as viaxes do Beagle e do H.M.S. Challenger (Gran Bretaña).

- Dende 1975 ata a actualidade. No ano 1975 ten lugar unha expedición de malacólogos portugueses ás Illas de Cabo Verde. Tras quedaren fascinados polos moluscos deste lugar, volveron ao ano seguinte e publicaron, en 1977, o libro “Seashells from Cape Verde islands”, baseado no material que recolleran. A partir deste momento comeza unha serie de expedicións, que continúan na actualidade, nas que se fai un estudo máis profundo dos moluscos deste arquipélago. Ademais, os avances científicos e técnicos dos últimos anos permiten desenvolver moitas máis liñas de investigación que as morfolóxicas e anatómicas feitas polos naturalistas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Remata o Festival de Títeres María José Jove

mércores, 30 decembro 2009, 11:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

CuentosDeRatitosCartel

O Festival de Titeres María José Jove pon hoxe punto e final á súa edición de 2009 coa compañía Elfo Teatro que estará ás cinco da tarde na Sede da Fundación María José Jove para reprentar a obra Cuentos de ratitos. Despois, ás sete da tarde, Tanxarina presentará Titiricircus no Fórum Metropolitano. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes de cada espacio desde unha hora antes do inicio da función ao prezo de tres euros, ou ben o abono familiar para tres persoas ao prezo de seis euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cartaz e programa do concerto da Banda Sinfónica

Cartaz_estrea

Podedes descargar en PDF o programa do concerto de mañá mércores 30 de decembro ás 21 horas no Rosalía. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Prosegue o Festival de Títeres María José Jove

martes, 29 decembro 2009, 7:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

RatoncitoPerezBn

Continuando coa programación do Festival de Titeres María José Jove, hoxe día 29 de dicembro a compañía Títeres La Gaviota estará ás cinco da tarde na Sede da Fundación María José Jove para reprentar a obra El ratoncito Pérez mentres que ás sete da tarde Elfo Teatro presentará El lobo ha vuelto no Fórum Metropolitano. As entradas para as dúas funcións pódense adquirir no despacho de billetes de cada espacio desde unha hora antes do inicio da función ao prezo de tres euros (o abono familiar para tres persoas ten o prezo especial de seis euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto no Rosalía da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas

O mércores 30 de decembro o Teatro Rosalía de Castro acolle un concerto da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música. Durante o acto estrearanse as obras finalistas e gañadoras do II Concurso Galego de Composición para Banda de Música. O concerto comezará ás 21 horas e a entrada é libre até completar a capacidade do recinto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Preestrea para medios do documental Dous de vintetantos

luns, 28 decembro 2009, 15:00 | Category : audiovisual, presentacións
Tags :

Ás sete da tarde de hoxe preestréase na Coruña o documental sobre sinistralidade viaria Dous de vintetantos, escrito e dirixido por Manu Mayo. A proxección para colaboradores e medios de comunicación terá lugar na sede da Fundación Paideia (Praza de Ma Pita, no 17, 15001, A Coruña).

Dous de vintetantos é un documental en primeira persoa que nos aproxima a unha realidade de difícil solución: a violencia viaria. A través do seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da sinistralidade viaria en Galicia, achegámonos á dor das familias pola morte dos seus, e á inxustiza que rodea esta enorme lacra social. O traballo, froito dunha coprodución entre TVG e Manuel Domingo Mayo Ramos realizado co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, parte da experiencia persoal do director, e profunda nalgúns casos tristemente de actualidade: o sinistro acontecido na rúa Jenaro de la Fuente en Vigo, onde perderon a vida Manuel García e Dolores Iglesias, o falecemento da nena Irene Fernández en Ames, a ola de atropelos en Vilagarcía de Arousa, ou as secuelas que cambiaron a vida de Javier Mouriño tralo seu accidente. Unha obsesión guía estes dous anos de traballo documental: poñer rostro e nome ás vítimas para evitar que se convirtan nun número dunha estatística negra.

Begonte25_12_07En palabras do director Manu Mayo, “O vintecinco de decembro de 2007 cambiou a miña vida e a miña forma de entender a mobilidade. Ese día na A-6, á altura de Begonte, por unha obra mal sinalizada, miña muller embarazada e máis eu, case temos unha saída de vía. Isto podería ser unha anécdota persoal sen máis significado se non fose porque en Begonte morreron meus pais, nun sinistro de tráfico, cando eu tiña 17 anos. Ao día seguinte vimos na prensa a foto que adxuntamos: Julia Vázquez Pajón e Carlos Manuel Prado Vázquez pasaron por aquela obra aproximadamente á mesma hora que nós, pero en dirección contraria. Esa foi a orixe dun traballo documental en primeira persoa sobre a sinistralidade viaria en Galicia, que agora presentamos en exclusiva aos medios de comunicación e ás familias.”

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Reis Magos visitan os barrios da cidade

luns, 28 decembro 2009, 12:30 | Category : Nadal
Tags :

Un ano máis e co gallo das Festas do Nadal o IMCE programou a visita dos Reis Magos ás seguintes asociacións de veciños e entidades:

Día 28, Zona Monte Alto:
16.00 h.- Residencia Torrente Ballester
17.00 h.- Club del Mar
18.00 h.- Asociación Faro Monte Alto
19.00 h.- Airiños da Torre
19.45 h.- Monte Alto a Cien
20.30 h.- Casa de Castilla la Mancha

Día 29, Zona Eirís - Os Castros:
16.00 h.- Residencia 3ª Edad
17.00 h.- A. VV. Eirís
18.00 h.- As Xubias
19.00 h.- Os Castros
19.45 h.- Centro Cívico Castrillón
20.30 h.- A Gaiteira

Día 30, Zona Matogrande-Bens-Ventorrillo:
16.00 h.- Residencia Es Vida
17.00 h.- A. VV. Matogrande
18.00 h.- S. Cristobal das Viñas
19.00 h.- Bens
20.00 h.- Ventorrillo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala Lírica no Teatro Rosalía

luns, 28 decembro 2009, 12:00 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

SolistasLiricaTRCWebBn

Dentro da programación das Festas de Nadal, a compañía Lírica de Galicia ofrecerá no Teatro Rosalía de Castro unha gala lírica na que intervirán as sopranos Susana Lorenzo e Teresa Mª Vázquez xunto ao tenor Cesáreo Torres acompañados ao piano por Alejo Amoedo. A gala terá lugar mañá martes 29 de decembro ás 20.30 h., e nela interpretaranse lieder, cancións e arias de Mozart, Schubert, Tschaikowsky, Strauss, Faurè, Mompou, Toldrá, Purcell, Donizetti, Verdi, Puccini e Cilea.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Felices festas!

xoves, 24 decembro 2009, 14:00 | Category : comunicados
Tags :

felicitacion nadal
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google