Aberta a XII Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares
O Premio Luís Freire é un premio de investigación dirixido aos estudantes de secundaria en Galicia que busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é formularse unha pregunta á que desexen dar resposta, para despois deseñar a investigación que lles permita obter resultados e conclusións.
Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 23 de decembro para enviaren as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 12 de xuño de 2010, e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.
O Premio está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. O primeiro premio consiste nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural (nas pasadas convocatorias visitaron as excavacións de Atapuerca e o parque natural Arribes del Duero), a subscrición á revista Muy Interesante e un cheque-agasallo de El Corte Inglés para o profesor. Máis información e bases na web dos Museos Científicos.














