Música e teatro para toda a familia
Mañá sábado 5 no Teatro Rosalía de Castro celébrase unha nova edición dos Concertos en familia, desta volta baixo o título El ritmo de la calle, co Grupo Attacca. Organiza a Orquesta Sinfónica de Galicia. A sesión comezará ás 12:00 e a entrada custa 2 € (os nenos até 12 anos non pagan entrada).
Pola tarde, no Forum Metropolitano, prosegue o ciclo Todo Público co espectáculo Babiliglub da Compañía Galitoon, dirixida por Andrea Bayer e Santiago Alonso. A obra está orientada a nenos e nenas maiores de tres anos. A función comeza ás 19 horas e o prezo das entradas é de 5 € (12 € o abono familiar válido para tres persoas)














