O asombro de Mr. Darwin, nova exposición da Casa das Ciencias

venres, 4 decembro 2009, 15:00 | Category : ciencia, exposicións, museos científicos
Tags : ,

libros_darwin

Con motivo da celebración do Ano Darwin, e coincidindo co 150 aniversario da publicación do seu libro A orixe das especies (24 de novembro), os Museos Científicos Coruñeses presentan unha exposición que constitúe a intervención estrela deste aniversario. A mostra pretende trasladar ao público o labor do protagonista dun descubrimento científico que transformou a nosa forma de comprender o mundo: a teoría da evolución biolóxica por medio da selección natural. A nova afirmación de que os seres vivos actuais, incluído o ser humano, proceden doutros anteriores, dos que se orixinaron por mor de mecanismos naturais, revolucionou a ciencia e moitas outras cousas.

viaxe_darwin

O asombro de Darwin é o dun mozo atraído polo coñecemento e goce da natureza e fascinado polo que observa na súa singular viaxe. Tamén é o do home que constrúe unha teoría revolucionaria, conmovido pola consciencia da súa transcendencia e impacto. Un asombro intelixente que vai parello coa estrita aplicación dunha metodoloxía científica, mostrando, así mesmo, o aspecto creativo da ciencia, un estimulante camiño de preguntas e respostas, no que Darwin percorreu un bo treito.

O equipo dos Museos Científicos Coruñeses é autor do guión da exposición así como da súa producción.

Descargar dossier de prensa da exposición: OpenOffice, PDF

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path