Feminismo galego, exposición na Casa Museo Casares Quiroga

Do 10 ao 20 de decembro poderemos ver na Casa Museo Casares Quiroga a exposición Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres. A inauguración terá lugar mañá xoves ás 19 horas. A exposición está organizada pola Fundación Galiza Sempre e conta coa colaboración do Ministerio de Educación, a Deputación da Coruña e o Concello da Coruña.














