Historia da emigración galega, conferencia na Biblioteca Sagrada Familia

martes, 15 decembro 2009, 21:00 | Category : conferencias, historia
Tags : ,

Con motivo do Día Internacional do Migrante, a Biblioteca Municipal Sagrada Familia ofrece unha conferencia sobre a historia da emigración galega, desde a Idade Media ata os nosos días. Da man de Jorge Castro Ruso, farase un percorrido pola emigración intrapeninsular e europea e, por suposto, a emigración americana, coñecendo as causas que levaron a millóns de homes e mulleres de Galicia a outros países, e as consecuencias que estes movementos tiveron para a Galicia territorial. Nunha segunda parte coñecerase a intensa historia dos centros galegos no exterior, desde os que teñen máis sona como o Centro Galego de Bos Aires ou o impresionante Centro Galego da Habana, ata os máis pequenos como os centos de sociedades de instrución que tanta pegada deixaron na arquitectura e na cultura galega.

Agora Galicia é tamén destino para moitas persoas doutras culturas que viven xa entre nós. Coñecer a traxectoria dos galegos e galegas que marcharon na busca doutras oportunidades, axuda a comprender a historia destes homes e mulleres que, chegando doutros países, son xa hoxe galegos e galegas coma nós.

A conferencia sobre a historia da emigración galega terá lugar na Biblioteca Municipal Sagrada Familia o vindeiro xoves día 17 de decembro ás 19.30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path