Programación infantil de Nadal na Biblioteca González Garcés

venres, 18 decembro 2009, 10:30 | Category : Nadal, infantil, obradoiros, presentacións, teatro
Tags :

Mércores 23 de decembro ás 18 h: Presentación do libro Chrystyan Magic atrapado na torre. Estarán presentes os autores, Xoán Babarro e Ana María Fernández; a ilustradora, Marta Rivera Ferrer e o mago Chrystyan Magic.

Mércores 23 de decembro ás 18:30 h: espectáculo Palabras máxicas, por Chrystyan Magic. Un espectáculo baseado na maxia que se pode desprender da lectura. Mediante a sucesión de xogos de maxia, Chrystyan tentará descubrirlle aos nen@s a ilusión, fantasía e maxia que se esconde nos libros e contos, con historias máxicas baseadas precisamente en libros como "A viaxe de Vionta", "Mary Poppins", etc... e mediante os nosos propios contos, que poderemos crear grazas á participación dos nen@s. O obxectivo é despertar o torrente imaxinativo dos rapaces, descubrir o goce da lectura e presentar a maxia como un atractivo e novo xeito de animación á lectura.

Luns 28, Martes 29 e Mércores 30 de decembro, ás 18:30 h: obradoiro de títeres para nenos de + 6 anos, dirixido por Viravolta Títeres. Sinxelas técnicas de elaboración de títeres, collages, recortables para ilustrar un texto escollido. É necesaria invitación, que se facilitará na biblioteca a partir do sábado 19 de decembro.

Luns, 4 de xaneiro ás 18:30 h: A detective da Torre de Hércules viaxa polo tempo, un espectáculo interactivo con bromas, xogos e cancións relacionadas coa historia da Torre de Hércules e coa propia trama da obra de títeres. Malvadín intenta desprestixiar e destruir a Torre de Hércules ao longo da historia; a pequeña detective Elba coa axuda do profesor viaxarán polo tempo para evitalo e para mostrarlle a Malvadín a importancia da Torre de Hércules, mostrándolle cando se construiu, cando foi nomeada a A Coruña cidade en 1208, e vendo unha reconstrución moi simpática da historia de Hércules e Xerión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path