Ampliado o prazo de presentación de preguntas do Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

luns, 21 decembro 2009, 11:15 | Category : ciencia, educación, museos científicos
Tags :

Os Museos Científicos acordaron ampliar o prazo de presentación de propostas de investigación para o Premio Luís Freire até o 22 de xaneiro de 2010. O premio está dirixido aos estudantes de secundaria en Galicia que busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é formularse unha pregunta á que desexen dar resposta, para despois deseñar a investigación que lles permita obter resultados e conclusións.

Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 22 de xaneiro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos, que serán comunicados o 30 de xaneiro, terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 12 de xuño de 2010, e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.

O primeiro premio consiste nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural (nas pasadas convocatoria visitaron as excavacións de Atapuerca e o parque natural Arribes del Duero ), a subscrición á revista Muy Interesante, e un cheque-agasallo de El Corte Inglés para o profesor. O Premio está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Máis información e bases na web dos Museos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path