Tiztina Teatro presenta Exitus no Rosalía

sábado, 19 decembro 2009, 15:57 | Category : teatro
Tags : ,

Exitus

Titzina Teatro, formado por Diego Lorca e Pako Merino, intentará esta fin de semana dar unha respuesta ás preguntas que ao longo da historia a sociedade fixo arredor da morte. Farano coa obra Exitus, que se representará no Teatro Rosalía Castro os días 19 e 20 de decembro a partir das 20.30 horas. Este espectáculo pecha o ciclo de outono no Teatro Rosalía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programación infantil de Nadal na Biblioteca González Garcés

venres, 18 decembro 2009, 10:30 | Category : Nadal, infantil, obradoiros, presentacións, teatro
Tags :

Mércores 23 de decembro ás 18 h: Presentación do libro Chrystyan Magic atrapado na torre. Estarán presentes os autores, Xoán Babarro e Ana María Fernández; a ilustradora, Marta Rivera Ferrer e o mago Chrystyan Magic.

Mércores 23 de decembro ás 18:30 h: espectáculo Palabras máxicas, por Chrystyan Magic. Un espectáculo baseado na maxia que se pode desprender da lectura. Mediante a sucesión de xogos de maxia, Chrystyan tentará descubrirlle aos nen@s a ilusión, fantasía e maxia que se esconde nos libros e contos, con historias máxicas baseadas precisamente en libros como "A viaxe de Vionta", "Mary Poppins", etc... e mediante os nosos propios contos, que poderemos crear grazas á participación dos nen@s. O obxectivo é despertar o torrente imaxinativo dos rapaces, descubrir o goce da lectura e presentar a maxia como un atractivo e novo xeito de animación á lectura.

Luns 28, Martes 29 e Mércores 30 de decembro, ás 18:30 h: obradoiro de títeres para nenos de + 6 anos, dirixido por Viravolta Títeres. Sinxelas técnicas de elaboración de títeres, collages, recortables para ilustrar un texto escollido. É necesaria invitación, que se facilitará na biblioteca a partir do sábado 19 de decembro.

Luns, 4 de xaneiro ás 18:30 h: A detective da Torre de Hércules viaxa polo tempo, un espectáculo interactivo con bromas, xogos e cancións relacionadas coa historia da Torre de Hércules e coa propia trama da obra de títeres. Malvadín intenta desprestixiar e destruir a Torre de Hércules ao longo da historia; a pequeña detective Elba coa axuda do profesor viaxarán polo tempo para evitalo e para mostrarlle a Malvadín a importancia da Torre de Hércules, mostrándolle cando se construiu, cando foi nomeada a A Coruña cidade en 1208, e vendo unha reconstrución moi simpática da historia de Hércules e Xerión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O último round

xoves, 17 decembro 2009, 14:00 | Category : cinema
Tags : ,

O último round (Battling Butler) de Buster Keaton, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Música para Keaton.

Horario: Xoves 17, 20:30. Venres 18, 20:30. Sábado 19, 20:30. As sesións do venres e o sábado ás 20:30 contarán coa música en directo de Jacobo de Miguel.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Good Bye Lenin

xoves, 17 decembro 2009, 13:30 | Category : cinema
Tags :

Good bye Lenin de Wolfgang Becker, esta semana an Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano.

Horario: Xoves 17, 20:15; Venres 18, 20:15 e 22:45; Sábado 19, 17:17 e 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Forum Metropolitano abre o luns 21 o prazo de inscrición dos campamentos urbanos de Nadal

mércores, 16 decembro 2009, 16:30 | Category : Nadal, infantil, lecer e tempo libre
Tags : ,

Os días 21 e 22 de decembro en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h realizarase na conserxería do Forum Metropolitano a inscrición aos campamentos urbanos de Nadal dirixidos a nenos e nenas nacidos/as antes de 2005 (escolarizados), de 4 a 12 anos. A inscripción realizarase por rigorosa orde de solicitude, até cubrir as prazas (50 % en horario de mañá e 50 % en horario de tarde).

Os campamentos terán lugar os días: 23, 28, 29 e 30 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro en horario de 10 a 14 h; éste último día prolongarase a xornada cunha saída o Zoo de Vigo até as 17:00 h. Ademáis ofrecese a posibilidade de ampliación de horario de 9:00 ás 10:00 h a modo de gardería, sempre que se xunte un grupo mínimo de 10.

Baixo o título Animalix no Nadal a temática deste ano xira arredor de distintas historias partindo do coñecemento dos animais presentes en todas as culturas e partindo do seu coñecemento, da súa conservación e da súa protección representaremos os valores destes a través da creatividade dos nenos e nenas en forma de animación, con actividades moi variadas: motrices, lectoras, teatrais...

O prezo do campamento é de 24 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Reter o tempo: a pintura de Fernando Prieto chega ao Kiosco Alfonso

mércores, 16 decembro 2009, 15:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Desde o pasado 20 de decembro até o vindeiro 17 de xaneiro podemos ver no Kiosco Alfonso a exposición Reter o tempo dedicada ao pintor Fernando Prieto. A seguir deixámosvos unhas liñas escritas pola comisaria da exposición, Pilar Corredoira:

"O tempo, entendido como elemento de percepción humana, vincúlase á obra de Prieto e actúa no seu trasfondo; tempo e espazo inciden na configuración dunha estrutura de apoio á creación; son conceptos importantes para o artista, que os percibe como elementos sensibles que interveñen alá onde ten lugar a representación pictórica (…)

(…) De sólida formación, Prieto dedicouse con intensidade á pintura e estudou e coñeceu en directo a obra de grandes mestres da historia da arte, clásicos e contemporáneos; reflexionou sobre aqueles aspectos afíns, envorcouse na investigación en torno a figuras excepcionais como Velázquez, Picasso, Magritte ou Dalí. Esa herdanza deixou unha profunda pegada no significado do seu labor ao tempo que influíu no seu discurso e que lle proporcionou unha base ampla pola que transitar: o legado dunha tradición universal que o pintor asimila e integra na súa propia ideoloxía, sempre apoiado por unha coidada e académica técnica froito dunha estrita disciplina na elaboración.

(…) A súa pintura expresa, desde unha óptica particular e subxectiva, unha visión especial da existencia, que plasma desde o ámbito dunha realidade que xorde na medida da experiencia individual"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xa está en liña unha nova monografía de divulgación dos Museos Científicos: Evolución

mércores, 16 decembro 2009, 14:30 | Category : museos científicos
Tags :

Xa podemos descargar na web dos museos a última monografía de divulgación científica, dedicada á evolución. Hai versión en galego e en castelán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Nadal 2009: programa

mércores, 16 decembro 2009, 14:00 | Category : Nadal, concertos, música
Tags : ,

O vindeiro martes 22 de decembro ás 20 horas no Fórum Metropolitano terá lugar unha sesión do ciclo Fórumfolk dedicada aos Cantos de Nadal. Este será o programa do acto:

Obradoiros das bibliotecas municipais
- Canto de Nadal da Peregrina
- Canto de Nadal de Moialde

Agrupación folklórica "Os Gaiteiriños"
- Nun pesebre de Belén
- Un anxiño veu do Ceo

Maghúa
- Cantar dos Reis de Barro de Arén
- Cantar de Reices de San Xosé (

Grupo de adultos do Círculo de actividades da Asociación Cultural Xacarandaina
- "Canto de Nadal de Trazo"

Grupo de rapazas do Círculo de actividades da Asociación Cultural Xacarandaina.
- "Panxoliña"

Asociación Cultural Donaire
- Canto de Nadal de Frieiro (Santa Comba - A Coruña)
- Aninovo de Negreira de Vilamaior (Santa Comba - A Coruña)

Cántigas da Terra
- Anxos de luz. Autor: Eduardo Diehl
- Alalá de Muxia. Autor: Manuel M. Puga Parga

Asociación de Coros e Danzas Eidos
- Cantiga de Nadal (Popular) de Bembibre
- Canto de Reis (Popular) das Terras do Tamarela.

Descargar programa en PDF (103 KB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o concerto solidario do mércores no Rosalía

martes, 15 decembro 2009, 23:18 | Category : comunicados
Tags :

O concerto solidario do Grupo de Percusión Attacca, o Coro Infantil e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Música da Coruña previsto para mañá mércores ás 20 horas no Teatro Rosalía de Castro foi suspendido ante a previsión de temporal, que é a causa tamén da suspensión das clases no ensino non universitario en toda a comunidade galega. O acto solidario estaba organizado pola Fundación Tierra de Hombres.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 17 de
decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor. Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, José Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane. O acto será presentado por Consuelo Bautista e durante o mesmo presentarase un libro e cd homenaxe a esta xeración poética. Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Historia da emigración galega, conferencia na Biblioteca Sagrada Familia

martes, 15 decembro 2009, 21:00 | Category : conferencias, historia
Tags : ,

Con motivo do Día Internacional do Migrante, a Biblioteca Municipal Sagrada Familia ofrece unha conferencia sobre a historia da emigración galega, desde a Idade Media ata os nosos días. Da man de Jorge Castro Ruso, farase un percorrido pola emigración intrapeninsular e europea e, por suposto, a emigración americana, coñecendo as causas que levaron a millóns de homes e mulleres de Galicia a outros países, e as consecuencias que estes movementos tiveron para a Galicia territorial. Nunha segunda parte coñecerase a intensa historia dos centros galegos no exterior, desde os que teñen máis sona como o Centro Galego de Bos Aires ou o impresionante Centro Galego da Habana, ata os máis pequenos como os centos de sociedades de instrución que tanta pegada deixaron na arquitectura e na cultura galega.

Agora Galicia é tamén destino para moitas persoas doutras culturas que viven xa entre nós. Coñecer a traxectoria dos galegos e galegas que marcharon na busca doutras oportunidades, axuda a comprender a historia destes homes e mulleres que, chegando doutros países, son xa hoxe galegos e galegas coma nós.

A conferencia sobre a historia da emigración galega terá lugar na Biblioteca Municipal Sagrada Familia o vindeiro xoves día 17 de decembro ás 19.30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Aquarium Finisterrae puxo a proba a intelixencia dos polbos

martes, 15 decembro 2009, 16:34 | Category : Aquarium Finisterrae, ciencia, museos científicos, vídeo
Tags :

Agora que os polbos volven ser noticia pola súa capacidade para empregar ferramentas é un bo momento para recuperar este vídeo feito hai cinco anos no Aquarium Finisterrae no cal a intelixencia dos polbos é sometida a probas de plasticidade, versatilidade e flexibilidade:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de Luz Pozo e Luís García Montero no ciclo Poetas di(n)versos

martes, 15 decembro 2009, 0:25 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Hoxe martes 15 de decembro ás 20:30 na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10), recital de Luz Pozo e Luís García Montero. Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mesa redonda 20 anos de arquitectura galega

luns, 14 decembro 2009, 22:15 | Category : arquitectura, mesas redondas
Tags :

Mañá, martes día 15 de decembro, ás 20.00 horas, o auditorio da sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña (Cantón Grande) acollerá a mesa redonda 20 anos de arquitectura galega, a última dun ciclo co que a entidade cultural festexa o seu vixésimo aniversario.

Un moderador, o recoñecido arquitecto Andrés Fernández Albalat, proporá un pequeno guión sobre o que falarán outros prestixiosos arquitectos como César Portela, Joaquín Torres, Iago Seara, Manolo Gallego e Cristóbal Crespo. Durante unha hora, aproximadamente, os participantes tratarán temas de máxima actualidade para, no último tramo da mesa, abrir o debate a todos aqueles que se acheguen ao espazo sociocultural de Caixa Galicia. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xa non hai entradas para o concerto de Russian Red

luns, 14 decembro 2009, 22:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

O próximo venres 18 de decembro ás 20.30 horas o Teatro Colón Caixa Galicia acollerá o concerto de Russian Red, que interpretará cancións do seu disco debut, I love Your Glasses. As entradas para o concerto están esgotadas desde hai días.

Russian Red estará acompañada por Manuel Cabezalf (guitarra acústica), Charlie Bautista (teclados, harmónica), Pablo Serrano (batería e percusión) y Alberto Rodrigo (baixo e coros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google