A Concellaría de Cultura edita unha Guía didáctica para profesores sobre o Castro de Elviña
A Concellería de Cultura vén de editar unha Guía Didáctica sobre o Castro de Elviña, que fica a disposición do profesorado dos distintos centros escolares co obxetivo de dar a coñecer e difundir o patrimonio da Coruña e o mesmo tempo facilitar o achegamento dos máis pequenos ao Castro.
O material editado pola Concellaría de Cultura está organizado en catro unidades didácticas formadas por diferentes fichas.
-Visita escolar, Guía para o profesorado: breve descrición do Castro seguindo o percorrido da visita.
-Caderno para o profesorado con información, orientacións e respostas das unidades didácticas.
-Unidades Didácticas ou Cadernos de Campo:
Unidade Didáctica 1: Coñecemos o Castro (recomendado para 1º e 2º ciclos de Primaria)
Unidade Didáctica 2: Situación e características do Castro.
Unidade Didáctica 3: A arquitectura do Castro.
Unidade Didáctica 4: Do Castro ao Museo.
- CD que contén todo o material.
Pola súa banda a responsable das visitas guiadas ao Castro de Elviña e redactora da guía, Begoña Bas, explicou que esta guía enviarase a todos os centros escolares da cidade e tamén a algúns da provincia. Ademáis da Guía de recursos para profesorado, publicáronse outras como Coñecemos o Castro, Situación e Características, Do castro ao Museo e A Arquitectura do Castro. O ano pasado houbo máis de 250 visitas organizadas ao Castro de Elviña grazas ás cales 3200 persoas puideron coñecer o recinto. Todos os domingos ás 12:00 hai visitas de balde e sen inscripción previa; para máis información pódese chamar ao teléfono do Museo Arqueolóxico, 981 18 98 50, ou a través do correo electrónico.

Os numerosos seguidores de Albert Pla terán ocasión de poder velo en directo o día 18 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro no concerto de presentación do seu último disco, La Diferencia. Desta volta Albert Pla está só no escenario, de maneira que deberá cantar mentres toca a guitarra sen esquecer controlar o son e apagar e encender os focos que colgan dunha estrutura a xeito de gaiola. É este "paraugas de luces" o que acaba por vestir unhas cancións que contan historias tráxicas e delirantes, cotiás e sorprendentes, delicadas e surreais, nas cales o verdugo é tamén vítima, a calma muda en tormenta, a comedia convive coa traxedia e a serenidade desemboca no desenfreo. Todo para facer evidente a estreita liña que separa o ben do mal, o branco do negro, o positivo e o negativo. 
O libro Ramón Barreiro: humor, parodia e modernidade, coordinado por José Luís Castro de Paz e Xaime Fandiño, será presentado hoxe ás 20:30 no 
Roberto Somoza, un dos mellores saxofonistas e frautistas de jazz de Galicia, presenta o seu novo disco The Vangard coa súa gran formación Roberto Somoza Jazz Orquestra no auditorio do Forum Metropolitano no marco do 













