Fórumfolk 2010: Iván Villar e Nelson Quinteiro, Contra2

Mañá luns 25 de xaneiro ás 21 horas no Fórum Metropolitano arranca unha nova edición de Forumfolk coa actuación de Iván Villar e Nelson Quinteiro, Contra2. O seu espectáculo Danza e contradanza é unha proposta innovadora de canto e danza tradicional galega arredor da voz e o corpo. A través da voz, mesturada en directo con escenas sonoras e efectos musicais e de son, faise un percorrido polo mundo tradicional dos oficios, o amor, o desamor…que se ve plasmado nunha nova danza tradicional fusionada con pinceladas doutro tipo de movementos.
Fragmento presentado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Tedes máis información sobre a función e os artistas no espazo dedicado a Fórumfolk deste blog. O prezo das entradas é de 5 € (3 € para maiores de 65 anos, usuarios de carné xove e desempregados).














