Iberojazz 2010: concerto de Roberto Somoza

mércores, 27 xaneiro 2010, 19:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Roberto Somoza, un dos mellores saxofonistas e frautistas de jazz de Galicia, presenta o seu novo disco The Vangard coa súa gran formación Roberto Somoza Jazz Orquestra no auditorio do Forum Metropolitano no marco do Festival Iberojazz mañá xoves 28 de xaneiro ás 21 h. O auditorio do Forum convertiuse ao longo do ciclo nun auténtico clube de jazz onde poder escoitar o mellor jazz ibérico nun ambiente distendido e co servicio da cafetería ao dispor do público.

Roberto Somoza é hoxe por hoxe un dos grandes músicos de jazz do noso país. Con esta nova formación non só rinde homenaxe aos grandes formatos senón que ademáis experimenta coas súas propias composicións, fermosas melodías inspiradas nos grandes da historia do jazz mais tamén nas orixes desta música.

Roberto_SomozaROBERTO SOMOZA Jazz Orquestra:

ROBERTO SOMOZA, saxofonista, compositor e arranxador, é
profesor de Saxofón (especialidade de Jazz) no Conservatorio de Música
da Coruña, líder de varias formacións (coas que editou catro discos) e
saxofonista dos grupos Clunia e Atlantic Bridge.

The Vanguard (Xingra / Jazz) é un tributo ao saxofón alto, cheo de composicións e arranxos contemporáneos que explotan ao máximo o formato da orquestra moderna de Jazz. O disco que se presenta foi gravado nos estudos Bruar para a discográfica Xingra e está composto, arranxado e dirixido por Roberto Somoza. Unha sección de cinco ventos e trío de ritmo danlle forma a este disco, que conta tamén coa colaboración do gran pianista e compositor Nani García e coa produción de Javier Ferreiro.

MÚSICOS: Roberto Somoza (saxofón alto), Hansel Luís Díez (trompeta e fliscorno), Ricardo Costa (trompeta e fliscorno), Edward Machado (trombón), Nandor Kasza (trombón), Jacobo de Miguel Bueres (piano), Kin García (contrabaixo), Fernando Llorca (batería).

Máis información: web oficial / MySpace

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path