Novas salas de ensaio e concerto no Coliseum

xoves, 28 xaneiro 2010, 11:00 | Category : música, noticias
Tags : ,

ltunelHai uns días foron presentadas polas Concelleiras de Cultura e Mocidade as novas salas de ensaio e concerto do Coliseum, que estarán funcionando a pleno rendemento a mediados de marzo.

As salas de ensaio representan unha mostra de apoio aos grupos xuvenís da cidade, que desde agora disporán de tres salas de ensaio e unha de control e gravación para dar a coñecer os seus traballos e realizar os seus ensaios. Actualmente a Concellaría de Mocidade está no proceso de contratación do acondicionamento acústico das salas (9.000 euros), o backline no que se inclúen mesa de mestura, baterías, amplificadores para guitarra e baixo e teclados (12.000 euros), un sistema de vídeo (6.000 euros) e o equipamento da sala de control (35.000 euros). O prazo de solicitude para os grupos xuvenís (compostos maioritariamente por menores de 30 anos) está aberto ata o 31 de marzo; pódese descargar a folla de inscripción a través da páxina web do Novo Espazo Xuvenil do Centro Municipal de Información Xuvenil. As novas salas de ensaio darán cabida a un total de 40 grupos polo que de superarse esta cifra procederase ao sorteo, tal e como se recolle no Regulamento que foi consensuado co sector, tanto para a entrada de grupos como para establecer os horarios. Este sorteo será semestral para permitir que disfruten destas salas o máximo posible de grupos da cidade.

A Concellaría de Cultura presentou pola súa banda a nova sala de concertos do Coliseum: "O Túnel", con capacidade para algo máis de 600 persoas e que permitirá traer a cidade unha serie de propostas que ata o momento non tiñán cabida pola falta dun espazo axeitado. O nome O túnel fai referencia tanto á súa forma e ubicación dentro do Coliseum como á súa vontade de dar resposta a un nicho de mercado existente na cidade nunha aposta pola música urbana sen limitacións en canto a estilos musicais.

Froito dun investimento de máis de medio millón de euros, esta nova sala de concertos conta cun espazo de 300 metros cadrados e funcionará en conexión e coordinación coas salas de ensaio contando ademáis con programación cultural propia. Deste xeito non só permitirá descubrir aos grupos con máis futuro da cidade, senón tamén axudar os máis novos a darse a coñecer funcionando como unha factoría de creación. Así esta sala de concertos acollerá as propostas máis vangardistas con estilos moi variados: indie, música electrónica, rap, rock ou pop independente...

Asimesmo permitirá traer á Coruña propostas artísticas que á iniciativa privada non lle sexan rendibles introducindo O túnel nos circuitos estatais. O obxectivo do seu departamento é que esta nova sala de concertos teña programación propia desde finais de abril e animou a todos os axentes e promotores da cidade a poñerse en contacto coa Concellaría para poder disfrutar desta nova sala. María Xosé Bravo incidiu no feito de que esta sala traballará tamén baixo outras marcas xa consolidadas e para iso están a manterse contactos co sector, caso dos organizadores do Festival Sinsal. Os obxetivos a medio prazo pasan por situar nun par de anos O túnel dentro do panorama estatal como un referente neste tipo de concertos e cuns prezos razoables.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path