Teatro e danza esta fin de semana no Rosalía

Pisando ovos é unha compañía de danza contemporánea liderada pola coreógrafa Ruth Balbís que se caracteriza por centrar os seus espectáculos en elementos que definen e condicionan a vida das persoas, procurando novos e persoais rexistros que van dende os movementos máis radicais aos máis minimalistas. Chegan mañá 27 de febreiro ao Rosalía coa súa última produción, Tres, na que amosan os encontros e desencontros de tres mulleres condicionadas pola súa sexualidade. Encontros que se definen entre o individual e o común, a fantasía e as obsesións, o mimetismo dos corpos, e todo iso nun mundo novo no que se redescobren as tres nelas mesmas. Nesta montaxe estarán con Ruth Balbís as bailarinas Janet Novás e Andrea Quintana. A función comezará ás 21 horas no Rosalía. O prezo das entradas é de 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €).

Tres años despois da súa estrea, o director, equipo artístico e reparto que participou na montaxe que o Centro Dramático Galego fixo de A piragua de Cándido Pazó, volven reunirse para dar vida a esta historia que aborda o tema da violencia de xénero. A peza levou catro premios María Casares en 2007 (mellor texto orixinal, mellor actriz protagonista, mellor iluminación e mellor música orixinal), e conta coas actuacións de Xosé Manuel Olveira “Pico”, Susana Dans, Marcos Orsi, Iolanda Muíños, César Martínez “Goldi”, Ricardo de Barreiro e Mariam Bañobre. Dirixe Cándido Pazó. A función será o domingo 28 de febreiro ás 19:00. O prezo das entradas é de 9 € (usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 6 €)
Atapuerca e a evolución humana, que reúne as reconstrucións das pezas máis importantes achadas na Gran Dolina e na Sima dos Ósos, poderá visitarse do 26 de febreiro ao 25 de abril na Sala Municipal de Exposicións en Palexco e servirá para dar a coñecer os depósitos burgaleses da Serra de Atapuerca en toda España como paso previo e preparación á apertura en 2010 do Museo da Evolución Humana de Burgos. Este Museo está presente na exposición a través dun espazo específico no que se detallan as súas instalacións e os contidos que albergará. A exposición está dirixida por Juan Luis Arsuaga, co-director do Equipo de investigacións de Atapuerca, e virá apoiada por actividades complementarias como conferencias e proxección de documentais que abordan distintos aspectos relativos á evolución humana e á relevancia científica dos Depósitos de Atapuerca. Haberá visitas guiadas para grupos escolares, previa inscrición no teléfono 981 18 98 40, e conferencias no Salón de Actos da Domus, de acordo ao seguinte programa:
A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, xunto con medio centenar de entidades non lucrativas, organiza este sábado 27 de febreiro un encontro no Palexco, aberto ao público de 10:00 a 14:30 h e de 16:00 a 21:00 h, coa idea de dar a coñecer o tecido solidario da cidade. Durante a xornada, as persoas asistentes terán a posibilidade de gozaren dun percorrido solidario por máis de medio centenar de stands, para coñeceren de primeira man a que se dedican as distintas entidades de acción voluntaria que traballan no municipio coruñés; as súas inquedanzas e expectativas, os valores que promoven e, por suposto, todas aquelas actividades en que as persoas interesadas poden participar como voluntarias contribuíndo coas súas achegas á consolidación dunha verdadeira rede de solidariedade cidadá. Terán oportunidade de interactuar cos/as técnicos/as das entidades e cos seus voluntarios e voluntarias nas distintas actividades que configurarán a programación da xornada; actividades planificadas e densenvolvidas, na súa meirande parte, polas propias entidades. Tedes información moi precisa sobre a xornada
Do 10 ao 14 de marzo celebrarase na Coruña o IX Festival Internacional de teatro cómico Manicómicos. Nesta edición de inverno do festival poderemos desfrutar durante cinco días dos máis destacados espectáculos do panorama cómico internacional, as novas creacións do emerxente
Hoxe luns 22 prosegue o ciclo Os luns con Ciencia coa intervención de Josep Puig, Nucleares? Non grazas. Será na Domus ás 20:00, con entrada libre. 
















