Mulleres, espello de culturas, exposición no Kiosco Alfonso

Dende hoxe e ata o 4 de abril poderase visitar no Kiosco Alfonso a exposición Mulleres, espello de culturas, unha mostra etnográfica sobre o universo feminino a través de 135 obxectos de todo o mundo organizada polo Concello da Coruña e a Fundación "La Caixa". Esta exposición traza un percorrido a través dunha selección de atractivas pezas, cedidas polo Museo Etnolóxico de Múnich, que adquiren nova vida como testemuños das mulleres que un día foron as súas usuarias. Cada unha das 135 pezas que compoñen a mostra é un fragmento de vida, aparentemente exótico e afastado, pero que permite abordar temas universais e compartidos por todas as mulleres do mundo.




















