Luns con ciencia repasa as evidencias do cambio climático
Hoxe luns 8 de febreiro o ciclo de divulgación científica Luns con ciencia tratará sobre as Evidencias do cambio climático en Galicia. Será unha mesa redonda moderada polo Dr. Manuel Ruiz Villareal, investigador do Centro Oceanográfico da Coruña (IEO), institución que colabora neste ciclo. O moderador dará paso ás intervencións do Dr. Juan José Taboada, meteorólogo de MeteoGalicia, que formulará se Está a cambiar o clima en Galicia?. A continuación o Dr. Antonio Bode, investigador do Centro Oceanográfico da Coruña (IEO), falará sobre o Cambio climático en ecosistemas mariños (Galicia-Cantábrico). O acto comezará ás oito do serán na Domus. A entrada é libre.




















