14 pelis para os peques: Doraemon e o Reino de Kino
Prosegue no MACUF o ciclo de cinema 14 PELIS PARA OS PEQUES, todos os sábados de xaneiro a abril ás 18:00 horas, con entrada libre. Mañá sábado 13 de febreiro, Doraemon e o Reino de Kibo. Nesta aventura, Nobita ten que protexer a Terra do Señor do Planeta Verde que pretende levar todas as plantas a outra galaxia. Vai contar coa axuda de Kibo, unha planta máxica que encontra na montaña que está preto da súa escola.














