Presentación dunha Carpeta-Homenaxe a Uxío Novoneyra
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que hoxe venres 19 de febreiro terá lugar a presentación na Coruña da reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores na homenaxe de hai dez anos. Esta reedición da carpeta está editada por Rei Zentolo, con motivo da adicatoria a Uxio Novoneyra do Día das Letras Galegas 2010. O acto contará coa participación de Uxio Novoneyra Rei pola Fundación Novoneyra, Salvador Vázquez, director de Rei Zentolo SL. e José Fernández, coordinador da carpeta de homenaxe. Será ás 20:30 h. no salón de actos da asociación (R/ Olmos, 16-18,1º), con entrada libre ate completar o aforo.














