A compañía Efelante Elegante presenta O Forno no Forum Metropolitano

venres, 19 febreiro 2010, 11:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

A compañía Efelante Elegante presenta O Forno no Forum Metropolitano
OForno2Mañá sábado 20 ás 20.30 h e o domingo 21 ás 19 h o auditorio do Fórum Metropolitano acolle a obra de teatro O Forno da compañía galego-portuguesa Elefante Elegante.

O Forno é un espectáculo musical de Commedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporanea destinado a todos os públicos a partir de oito anos. A función convida a reflexionar sobre a forma en que estamos vivindo en sociedade e a maneira en que estamos empregando os recursos naturais e o destino que lles reservamos neste inicio do século XXI. A temática é abordada a través do riso, do xesto e da música en directo, nun espectáculo inspirado na inxenuidade da Commedia dell’Arte e no burlesco brechtiano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto didáctico para pequenos e maiores

venres, 19 febreiro 2010, 11:00 | Category : concertos, música, presentacións
Tags : ,

LibroInstrumentos
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

14 pelis para os peques: Os osos amorosos no País das Marabillas

venres, 19 febreiro 2010, 10:45 | Category : cinema, infantil
Tags :

O ciclo de cine para nenos 14 PELIS PARA OS PEQUES, que se celebra todos os sábados de xaneiro a abril ás 18:00 horas, tráenos mañá sábado 20 de febreiro o filme Os osos amorosos no País das Marabillas. Na película hai un malvado bruxo que quere coroarse Rei do País das Marabillas tras a misteriosa desaparición da princesa, mais os osos amorosos dedicarán todo o seu esforzo para evitalo.

O ciclo desenvólvese no MACUF coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Linguística do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Últimos días para ver a exposición sobre Ramón Cabanillas

venres, 19 febreiro 2010, 9:30 | Category : exposicións
Tags :

O vindeiro domingo remata A roseira dos recordos, exposición sobre Ramón Cabanillas na Sala de exposicións do Pazo de María Pita. A mostra poderá visitarse ata o domingo en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas. Ao logo de 10 momentos diferentes da súa biografía, a editorial Galaxia fai un repaso por este autor de versos exaltados e directos, un autor tardío máis cunha obra que foi ponte para unir o Rexurdimento Galego coas vangardas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dunha Carpeta-Homenaxe a Uxío Novoneyra

venres, 19 febreiro 2010, 9:00 | Category : homenaxes, presentacións
Tags : ,

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que hoxe venres 19 de febreiro terá lugar a presentación na Coruña da reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores na homenaxe de hai dez anos. Esta reedición da carpeta está editada por Rei Zentolo, con motivo da adicatoria a Uxio Novoneyra do Día das Letras Galegas 2010. O acto contará coa participación de Uxio Novoneyra Rei pola Fundación Novoneyra, Salvador Vázquez, director de Rei Zentolo SL. e José Fernández, coordinador da carpeta de homenaxe. Será ás 20:30 h. no salón de actos da asociación (R/ Olmos, 16-18,1º), con entrada libre ate completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XI Certame Literario “Alfredo Suárez Ferrín”

venres, 19 febreiro 2010, 2:00 | Category : premios
Tags :

O Instituto de Estudos Políticos e Sociais convoca a XI edición do Certame Literario “Alfredo Suárez Ferrín” de valores cívicos e morais. O tema a desenvolver na presente convocatoria é “Europa: un espazo de dereitos e liberdades”. O premio ten unha dotación económica de 1000 euros e está doado polo Concello da Coruña.
Bases: PDF, 291 KB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Mon oncle

xoves, 18 febreiro 2010, 9:45 | Category : cinema
Tags :

Mon oncle de Jacques Tati (1958), esta semana na Sala Fernando Rey no ciclo dedicado ao cineasta francés.

Horario: xoves 18 ás 20:30, venres 19 ás 20:30 e 23:00; sábado 20 ás 17:30 e 20:30. Os pases do venres ás 23:00 e o sábado ás 17:30 son "sesións do espectador" con entrada reducida (1,5 €). O resto de sesións teñen o prezo de 3 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Caterina va in città

xoves, 18 febreiro 2010, 9:00 | Category : cinema
Tags : ,

Caterina va in città de Paolo Virzi (2003) esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum dentro do ciclo Un chisco de Italia.

Horario: xoves 18 ás 20:15; venres 19 ás 20:15 e 22:45; sábado 20 ás 17:15 e 20:15. Os pases do venres ás 22:45 e o sábado ás 17:15 son "sesións do espectador" con entrada reducida (1,5 €). O resto de sesións teñen o prezo de 3 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O cineasta Jem Cohen visita o CGAI

xoves, 18 febreiro 2010, 8:30 | Category : cinema, conferencias
Tags : ,

Coincidindo co ciclo que se lle dedica ao longo dos meses de febreiro e marzo de 2010, o CGAI organiza hoxe 18 de febreiro de 2010 no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24) ás 17:00 unha Master Class na que Jem Cohen afonda no seu traballo como cineasta. A Master Class de Jem Cohen abordará o tema do documental como unha forza lírica. Cohen demostrará e argumentará a maneira en que a información do mundo actual se pode converter na base para películas que están na encrucillada dos xéneros documental, narrativo e experimental. O enfoque de Cohen con respecto ao documental anima a romper coas limitacións tradicionais a través dunha serie de preguntas: os filmes políticos deberan adoptar formas radicais?, pode unha película ser un tipo de música?, cal é o papel do documental fóra da corrente principal do cine, pode ser ao tempo accesible e subversivo? A clase estruturarase como un debate ilustrado, empregando curtas e extractos das películas urbanas de Cohen e filmes musicais incluíndo NYC Weights and Measures, Instrument (Fugazi) e a recente curta, Night Scene New York.

Logo, ás 20:30, o director neiorquino presentará no CGAI unha das sesións do ciclo, formada pola curta Little flags e a longa Evening's civil twilight in empires of tin. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Albert Pla en concerto no Rosalía

mércores, 17 febreiro 2010, 22:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Mañá xoves 18 de febreiro ás 21:00, concerto de Albert Pla no Teatro Rosalía de Castro. O prezo das entradas oscila entre os dez e os quince euros en función da zona.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto solidario con Haití

mércores, 17 febreiro 2010, 10:00 | Category : concertos, música
Tags :

Hoxe no Teatro Rosalía Castro a Orquestra Gaos ofrecerá un concerto en solidaridade con Haiti. A recadación destinarase a proxectos de apoio no país devastado polo catastrófico sismo de hai un mes. O concerto comezará ás 20:30.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro-disco Tic-Tac de Pablo Díaz

mércores, 17 febreiro 2010, 2:00 | Category : Libro e lectura, infantil, música, presentacións
Tags :

O músico Pablo Díaz presenta este venres 19 de febreiro a partir das 18:00 horas, no Fórum FNAC (A Coruña), un concerto para todos os públicos con algúns temas deste traballo. No espectáculo van participar, entre outros artistas, Carmen Rey e Xabier Díaz.

Editado por Kalandraka, Tic-Tac contén cancións do músico coruñés Pablo Díaz e ilustracións de Marc Taeger, deseñador suizo afincado en Galicia, e conta con numerosas colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote… así como as achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares

luns, 15 febreiro 2010, 15:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags : ,

Lamentamos comunicar a suspensión do ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares. Para máis información, contacten con calquera das entidades organizadoras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Parade

sábado, 13 febreiro 2010, 11:00 | Category : cinema
Tags :

Parade (Jacques Tati, 1974), hoxe sábado na Sala Fernando Rey dentro do ciclo dedicado ao xenial cineasta francés. Horario: sábado 13 ás 20:30 e 23:00. O pase das 17:30 é "sesión do espectador" con entrada reducida (1,5 €). O outro pase ten un prezo de 3 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe sábado, concerto na Fundación Luís Seoane

sábado, 13 febreiro 2010, 10:30 | Category : concertos, música
Tags : , ,

SINSALCORUÑA

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google