Conferencia de Marcos Sorrentino, mañá xoves na Domus

mércores, 3 marzo 2010, 13:00 | Category : ciencia, conferencias, divulgación
Tags : ,

Marcos Sorrentino, da Universidade de Sao Paulo, falará mañá xoves 4 de marzo ás 20 horas na Domus sobre o Papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade. A súa charla corresponde á seguinte sesión do ciclo Luns con Ciencia, que excepcionalmente se traslada á xornada do xoves.

Sorrentino é profesor do departamento de Ciencias Forestais e coordinador do laboratorio de Educación e Política Ambiental da Universidade de Sao Paulo, Brasil. Ten unha ampla experiencia en educación ambiental, políticas públicas e plans de futuro de sociedades sostibles, e foi entre 2003 e 2008 director de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente de Brasil.

O II ciclo Luns con Ciencia forma parte do programa de actos que os Museos Científicos Coruñeses celebrarán en 2010 con motivo do Ano da Biodiversidade, e ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns. Está organizado en colaboración co Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, e conta coa participación do Centro Ocenográfico da Coruña (IEO) e o patrocinio de Caixanova. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path