Os Museos Científicos convocan un concurso de vídeo afeccionado sobre o impacto da ciencia na nosa vida
Os Museos Científicos Coruñeses convocan o concurso de vídeo afeccionado A ciencia na miña vida, que se realizará simultáneamente en todas as cidades europeas participantes no proxecto CASC (Cities and Science Communication). Trátase de realizar unha gravación curta, de menos de 3 minutos, cuxo contido responda á seguinte pregunta: Que problemas che gustaría que resolvesen a ciencia e a tecnoloxía no futuro?
O obxectivo é invitar aos cidadáns, especialmente aos mozos, a reflexionar sobre o papel que a ciencia xoga nas súas vidas e en particular cales son as súas expectativas acerca do que pode proporcionarlles para o seu propio futuro e o da sociedade. A actividade invítaos ademais a desenvolver a súa creatividade explorando linguaxes audiovisuais e o uso de redes sociais para promover debates sobre estes temas.
Os traballos sera valorados por un xurado que terá en conta a orixinalidade, a claridade da mensaxe e o valor artístico dos vídeos. A calidade técnica non terá moita consideración, polo que as gravacións poden ser realizadas mesmo con teléfonos móbiles ou webcams.
Categorías
Os participantes poden presentarse en dúas categorías:
- Escolares con supervision dun profesor
- Público xeral (os menores necesitan autorización do seu titor legal)
Datos técnicos
Os vídeos poden presentarse en calquera formato estandar (.avi,.flv, .mp4,.mpg,.wmv...) e poden incluír recursos como entrevistas, animacións, imaxe fixa, timelapse, etc. O contido debe ser orixinal. Os traballos, en arquivo dixital, deben enviarse, ata o 16 de abril, aos Museos Científicos Coruñeses por correo postal, ou estar dispoñibles para descargarse en Internet. Cada presentación debe ir acompañada dunha ficha co título, unha breve descrición do contido, nome dos autores, correo electronico de contacto; no caso de escolares, ademais deses datos, o nome, dirección e teléfono do centro e a ficha de autorización dos pais ou titores.
Concurso CASC
Casa das Ciencias
Parque de Santa. Margarita s/n
15005, A Coruña
Correo electrónico
Premios
Un xurado composto por profesionais da comunicación científica seleccionará ao gañador en cada categoría. Os gañadores en cada país serán premiados cunha cámara de vídeo e unha viaxe a Bruxelas, onde competirán cos seus traballos cos gañadores do resto de países participantes. Máis información e ficha de inscrición no sitio web dos Museos Científicos Coruñeses.














