Obradoiros didácticos sobre a exposición Atapuerca e a evolución humana

venres, 12 marzo 2010, 15:00 | Category : obradoiros
Tags :

Palexco continúa a acoller os obradoiros didácticos organizados pola Concellaría de Cultura sobre a exposición Atapuerca e a evolución humana. As propostas están dirixidas a escolares de entre 8 e 12 anos e desenvolveranse entre o 13 de marzo e 25 de abril. A inscrición nos talleres será gratuíta, logo de reserva no teléfono 981 189 840, ata un máximo de 25 nenos por taller. Os talleres terán lugar na sede da exposición (Avda. da Prensa, s/n).

TALLER DE ARQUEOLOXÍA: Detectives do Pasado
Escavar baixo os nosos pés pode darnos moito "xogo". Durante estes depósitos-taller serán os nenos os que irán percorrendo estas etapas ata chegar a coñecer as historias que alí mesmo aconteceron atrás no tempo.
Días: Sábados 13 e 27 de marzo, e 24 de abril. Horario: ás 12h.

TALLER DE PALEONTOLOXÍA: Coñeceremos os vertebrados
Compararemos os seus esqueletos e dentes cos nosos e reconstruiremos as súas cabezas con plastilina, bólas, perrucas, etc.
Días: Sábados 13 e 27 de marzo, e 24 de abril. Horario: ás 18h.

TALLER DE ARTE RUPESTRE: Queres coñecer que pintaban os nosos antepasados e por que o facían?
O taller mostrará aos participantes os temas principais das pinturas rupestres e os pigmentos, ramas e pedras que os nosos antecesores utilizaban como ferramentas para reproducir o seu ámbito. Bisontes, cabalos salvaxes, osos, xentes e enigmáticos símbolos... O chamán ensinarate a realizar debuxos e gravados utilizando pigmentos, ramas, pedras e os teus propios dedos como ferramentas.
Días: Domingos 14 e 28 de marzo, e 25 de abril. Horario: ás 12h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path