Concerto da banda sueca Entombed

martes, 16 marzo 2010, 19:30 | Category : concertos, música
Tags :

Os suecos Entombed, unha das bandas máis influintes no rock duro das últimas dúas décadas, actuarán este xoves 18 de marzo na discoteca Ola Green da Coruña. Despóis de once discos, tres nominacións aos Grammy, xiras con Iron Maiden e colaborar con grandes compañías coma Sony, Marvel ou mesmo o Ballet Nacional Sueco, os inventores do Death 'n' Roll (mezcla de Death Metal e Rock 'n' Roll) visitarán a nosa cidade para demostrar o seu magnífico momento de forma. No concerto estarán acompañados polos madrileños Avulsed e os coruñeses Hongo. O espectáculo dará comezo ás 23:45 e o aforo é limitado. O prezo das entradas é de 18 € en venda anticipada (21 € en taquillas). Para máis información, pódese descargar o dossier de prensa neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path