Todo Público: Cósima con Sarabela Teatro
O Forum Metropolitano acollerá mañá venres a representación da obra Cósima de Sarabela Teatro dentro do ciclo Todo público. Contará coa interpretación de Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Tito Asorey baixo a dirección de Anxeles Cuña Bóveda.
Cósima marcha a vivir a unha árbore fuxindo dun pai autoritario e distante. No seu refuxio, a nena segue comunicándose coa súa nai, a pesar da oposición do pai, grazas a unha linguaxe de signos que inventan entre elas. Cósima é un fermoso canto á liberdade de expresión, a saber escoitar, a sentirnos libres para tomar as nosas decisións e a reivindicar o noso espazo e o noso berro.
A cita será o venres 19 ás 19.00 horas no Forum Metropolitano. A entrada costará 5 euros (abono 3 familiar, 12 euros).
Descargar dossier: PDF, 1,3 MB
















