Cinema no Fórum: Calle Santa Fe
O documental Calle Santa Fe de Carmen Castillo, esta semana na Sala Marilyn Monroe dentro do ciclo Retallos de muller.
Horario: xoves 25, venres 26 e sábado 27 ás 20:15.
O documental Calle Santa Fe de Carmen Castillo, esta semana na Sala Marilyn Monroe dentro do ciclo Retallos de muller.
Horario: xoves 25, venres 26 e sábado 27 ás 20:15.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia entrega hoxe os Premios María Casares de Teatro, nunha gala que terá lugar no Rosalía de Castro a partir das 20:30. Podedes descargar o dossier informativo coa listaxe completa de candidatos (PDF, 442 KB)
O Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) proxecta hoxe mércores 24 de marzo (20.30 horas) a produción galega documental DOUS DE VINTETANTOS (2010) de Manu Mayo. O propio autor presentará o traballo e logo da proxección terá un encontro co público. A entrada é gratuita.
DOUS DE VINTETANTOS (España, 2010)
Dirección e guión: Manu Mayo. Produción: Manu Mayo e TVG. Fotografía: Alfonso Parra. Duración: 76 minutos.
“O 25 de decembro de 2007 cambiou a miña vida e a miña forma de entender a mobilidade: ese día na A6, por unha obra mal sinalizada, miña muller embarazada e máis eu case temos unha saída de vía á altura de Begonte. [En Begonte morreron meus pais cando eu tiña 17 anos, nun sinistro de tráfico]. Ao día seguinte vimos na prensa esta foto mortal: Julia Vázquez Pajón e Carlos Manuel Prado Vázquez pasaron por aquela obra a mesma hora que nós, pero en dirección contraria. Esa foi a orixe dun traballo documental en primeira persoa sobre a sinistralidade viaria en Galicia” (Manu Mayo).

Este xoves 25 de marzo ás 21:00 actuará no Teatro Rosalía de Castro a cantante Carmen París. O concerto forma parte do Ciclo Caixanova Música con raíces. O prezo das entradas oscilas entre os 6 e os 13 euros.
A Domus acolle mañá 24 de marzo unha conferencia do investigador do CSIC Felipe Criado, que tratará sobre A investigación científica do Patrimonio Cultural: actualidade e utilidade do pasado. Ao acto asistirá José Manuel Fernández de Labastida, director xeral de Investigación e Xestión do Plan I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación.
A intervención do profesor Criado forma parte do ciclo de conferencias O que a ciencia pode facer por nós organizado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu obxectivo é achegar ao público xeral os logros científicos conseguidos polos equipos de investigación financiados polo programa Consolider, e a súa aplicación práctica como forma de achegamento da ciencia á sociedade. O Programa Consolider forma parte da estratexia Enxeño 2010 e financia actuacións de carácter estratéxico baseadas en actividades científicas que promovan un avance significativo no estado do coñecemento ou que establezan liñas de investigación orixinais situadas no que se denomina fronteira do coñecemento.

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá o certame A Coruña Son 2010 que este ano chega a súa terceira edición e co que se persegue fomentar a creación musical en lingua galega ao tempo que se dan a coñecer artistas tanto os xa coñecidos como os máis novos.
ACoruñaSon é un certame de creación de canción popular organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Este Certame, que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego, ábrese coa selección de dez autores.
Os dez terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular de cinco días de duración impartido por profesionais galegos de prestixio, onde traballarán as súas propias composicións. A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo durante un concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega.
Os autores que non fosen seleccionados entre os dez participantes do obradoiro, así como outras persoas interesadas en asistir ao Obradoiro de Canción Popular, que terá lugar do 10 ao 15 de maio na Coruña, teñen a posibilidade de matricularse en calidade de alumnos ou alumnas oíntes. Para formalizaren a matrícula deberán seguir o proceso que se indicará proximamente no sitio do certame.
Hoxe ábrese o prazo de presentación de maquetas que se estenderá ata o vindeiro 11 de abril. Todos aqueles autores e autoras que queiran participar no certame ACoruñaSon e reúnan os requisitos expostos deberán rexistrarse e enviar a súa maqueta en formato de vídeo e/ou MP3 a través do sitio web xunto co formulario de inscrición no certame.
Cada concursante debe participar cun mínimo de dúas cancións e un máximo de cinco. A maqueta deberá ser da propia autoría do concursante, orixinal, non divulgada anteriormente, nin suxeita a limitacións e/ou obrigas contractuais previas de ningún tipo. As maquetas están abertas a calquera estilo dentro dos límites da música popular: pop, rock, electrónica, folk, jazz, canción de autor, etc… Cada maqueta non deberá superar os 100 MB, tanto no caso dos vídeos como nos MP3. Os usuarios e usuarias poderán ver e escoitar libremente as maquetas de todos os participantes inscritos no Certame.
DESENVOLVEMENTO DO CERTAME E PREMIOS
Do 22 de marzo ao 12 de abril de 2010 poderán rexistrarse os e as participantes no concurso. Durante este tempo non se poderán votar as cancións.
Do 12 de abril ao 2 de maio de 2010 o público poderá votar polas cancións participantes no certame. Cadaquén poderá votar unha vez por tantas cancións como desexe.
VOTACIÓN DE MAQUETAS
Considérase que un voto é válido unha vez se teña recibido na pantalla da páxina Web unha mensaxe de voto válido. O sistema permite deixar comentarios ás cancións, sempre realizados en ton de respecto polos demais.
Os 10 gañadores/as de ACS10 serán escollidos exclusivamente polos votos dos usuarios. A selección final será dada a coñecer o día 2 de maio de 2010 a través da web do certame e directamente por correo electrónico ou teléfono aos candidatos e candidatas.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga. 10 baixo, A Coruña) estrea hoxe luns día 22 de marzo (20.30 horas) os traballos galegos ENTRE LINGUAS (2010) de Vanessa Vila Verde Lamas, Eduardo Sanches Maragoto e João José Varela Aveledo e THEREMIN AZULEXO (2010) de David Castro Sopeña. Ambos traballos recibiron subvención na última convocatoria de Talento do AGADIC. Vanessa Vila Verde Lamas e David Castro Sopeña estarán presentes para falar delas e ter un encontro co público. A entrada é gratuíta.
Á volta de Semana Santa, os días 5, 6 e 7 de abril, terá lugar na Coruña un curso organizado pola UNED co título Museos científicos, periodismo y democracia. El papel de los museos en la difusión de la ciencia en las sociedades avanzadas. Dirixido a xornalistas científicos, historiadores da ciencia, científicos e tecnólogos, sociólogos, expertos en política científica, xestores culturais, estudantes universitarios e público en xeral interesado por esta temática, o curso contará coa participación de Ramón Núñez Centella, Manuel Toharia, Javier Armentia, Jesús Zamora, Antonio López Peláez, Eusebi Casanelles Rahola e Marcos Pérez. A cuota de inscrición oscila entre os 25 e 35 euros. Colaboran na actividade o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, a Deputación da Coruña e a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Hoxe presentouse a campaña A cidade que le, que desenvolverá actividades ao longo dos meses de abril, maio e xuño. Nesta páxina do noso blog iremos descubrindo pouco a pouco os contidos deste proxecto de animación á lectura. Convidámosvos a usar libremente as imaxes e o cartaz da campaña en calquera acción que teña que ver coa promoción do libro e a lectura.
O Fórum Metropolitano acolle o vindeiro domingo 21 de marzo ás 18.00 horas a presentación do proxecto Tic-Tac do músico coruñés Pablo Díaz que contará coa colaboración de músicos como Xabier Díaz, Carmen Rey, Pedro Lamas, Diego Rodríguez Sánchez, Axeitadiñas e o grupo Ruote entre outros.
Tic Tac é un libro-disco do músico coruñés Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado en Galicia, e numerosas colaboracións musicais. Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente. Está editado por Kalandraka.
O concerto celébrase o domingo 21 de marzo ás 18.00 horas no Forum Metropolitano. O prezo da entrada é de 5 euros (carné xoven, + 65 anos e desempregados 3 euros).

Convidámosvos a participar no roteiro Rosalía na Coruña, organizado pola Concellaría de Cultura e guiado por Diego Pardo Amado, profesor e especialista na figura de Rosalía. Será este domingo pola mañá, cunha duración aproximada de 1 hora, e co seguinte percorrido:
1. Casa de Rosalía (ás 12.00h)
2. Xardín de San Carlos
3. Peirao
4. Estatua de Curros
5. Casa de M. Murguía
6. Teatro Rosalía Castro
Descargar folleto do roteiro Rosalía na Coruña: PDF, 7,0 MB