Homenaxe ao arqueólogo galego José María Luengo
O Concello da Coruña rende este venres unha merecida homenaxe ao arqueólogo galego José María Luengo inaugurando unha rúa na zona do Campus Universitario de Elviña (ás 18:00 horas). José María Luengo foi o principal impulsor da creación do Museo Arqueolóxico da Coruña, conseguindo a cesión do Castelo de San Antón para a súa utilización como sede do Museo. Foi o primeiro director da instalación desde 1965 até 1972 pasando desde entón a ser director honorario. Así mesmo é xunto con Luís Monteagudo autor das primeiras excavacións do Castro de Elviña nos anos 40 do pasado século, lugar moi próximo á rúa que se inaugura hoxe. Recentemente a súa filla, Dolores Luengo, cedeu todo o seu arquivo e biblioteca ao Concello, que pasarán a formar parte dos fondos do Museo Arqueolóxico.














