“Luís Seoane: a configuración do posible”, unha exposición panorámica
Desde o 10 de abril e até o 4 de xullo a Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n) ofrece a exposición: "Luís Seoane: a configuración do posible". Horario: martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 A 20:00; domingos de 11:00 a 14:00; luns: pechado.
«[...] "Luis Seoane: a configuración do posible" organizada pola Fundación Luis Seoane e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) ten, pois, dous obxectivos: presentar o legado nunha mostra que actúe coma ensaio en profundidade sobre a obra de Seoane e as súas fontes e renderlle unha
homenaxe a un artista que soubo manter en todo momento unha coherencia estética, ideolóxica e vital, algo que, visto coa perspectiva suficente supuxo un acto non só de valentía, senón tamén de compromiso e sacrificio a partes iguais.
A mostra xira ao redor de sete apartados principais: Trazos e figuras, que reúne a obra na que a influencia das Vangardas Históricas faise máis patente; Guerra, capitalismo, exilio e emigración, onde afóndase no compromiso político de Seoane; Paisaxes e realidades elementais, que agrupa a obra paisaxística e os bodegóns; Ensoñacións e mundos míticos, onde explórase a sublimación mítica da identidade galega; Bestas inventadas, cunha escolla dos bestiarios realizados por Seoane na década dos setenta; Deseño, creación, ilustración: literatura, sección na que analízase ao Seoane deseñador gráfico e editor e, por último, Autorretratos, obras nas que o artista convértese en protagonista da análise pictórica. [...]»














