A primeira longa de Oliver Laxe, seleccionada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes

martes, 20 abril 2010, 16:00 | Category : cinema
Tags : , ,

camiñandopeq

A Concellaría de Cultura mostra a súa satisfación porque este ano o cinema galego estará presente no Festival de Cannes da man dun director novo, Oliver Laxe, veciño da nosa cidade. A súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, foi seleccionada dentro da programación da prestixiosa Quincena dos Realizadores, unha sección que ao longo das súas catro décadas de historia descubriu os primeiros traballos de cineastas como Werner Herzog, Rainer Werner Fassbinder, Nagisa Oshima, Martin Scorsese, Jim Jarmusch, Michael Haneke, Chantal Akerman ou Spike Lee, e acolleu a obra de figuras xa consolidadas como Robert Bresson, Manoel de Oliveira, Philippe Garrel, Francis Ford Coppola ou Pedro Costa. Nese espazo de privilexio hai este ano un espazo para un galego nacido en París que xa nos marabillara antes con curtas como Soa unha trompeta, agora vexo outra cara ou París #1. Grazas á xenerosidade do director no Achegarte que celebramos en decembro do ano pasado puidemos ver un pequeno fragmento do filme, que naquela altura estaba aínda lonxe de ter unha montaxe final. Quixemos que aquelas xornadas foran unha demostración da creatividade que temos e do valor que posúe a cultura que facemos; noticias tan felices como a de hoxe nos demostran que non estabamos equivocados. Parabéns, Oliver Laxe!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path