Who is Bozo Texino? e The subconscious art of graffiti removal, no MUAU

luns, 31 maio 2010, 11:52 | Category : cinema
Tags :

Luns 31
19:00
Entrada libre até completar capacidade

Proxección no Forum Metropolitano dos audiovisuais Who is Bozo Texino? e The subconscious art of graffiti removal. Organizado pola Concellaría de Cultura e pola Concellaría de Igualdade e Participación. Consulta toda a programación en www.muau.org

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV Agasallo a Luís Seoane

poemasalumeadoslibroMartes 1
20:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

«Na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña celebramos o IV AGASALLO A LUIS SEOANE no día do seu CENTENARIO (1910 - 2010) . Luís Seoane naceu en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e morreu na Coruña en 1979.

Farémolo coa presentación do libro Poemas alumeados de figurandorecuerdo(s)edicions. Trátase dunha escolma de poesías de Luís Seoane, cada unha delas ilustrada por artistas plásticos contemporáneos amigos do artista, así como polos que se senten identificados ou influídos pola súa obra e polo seu pensamento. Catorce poemas elexidos dos seus diferentes libros, Fardel de eisilado , ediciós Anxel Casal, Bos Aires, 1952; Na brétema, Sant-Iago , ediciones Botella al mar, Bos Aires, 1956; As cicatrices , editorial Citania, Bos Aires, 1959; A maior abondamento , ediciones Cuco-Rei, Bos Aires-A Coruña, 1972; Luís Seoane. Obra poética , ediciós do Castro, Sada, 1977.

Neste fermoso libro co que agasallamos a Luís Seoane fai a presentación Xosé Luís Méndez Ferrín , escritor e presidente da Real Academia Galega ; e os artistas que participan son o pintor Xaquín Chaves ; o pintor e gravador Jesús Núñez ; o pintor e publicista Lipa Burd ; Xoán Piñón fotógrafo; a deseñadora Lía Santana ; o pintor Felipe Criado ; o deseñador Xosé Salgado ; o pintor Xabier Correa Corredoira ; o deseñador Pepe Barro ; o fotógrafo Luis López “Gabú” ; o artista multidisciplinar Tiago Guedes Madeira ; a artista plástica Pilar Turbón ; o pintor e debuxante Detlef Kappeler ; o pintor e acuarelista Reiner Schiestl e o ilustrador gráfico Hermenegildo Sábat .

Con motivo da celebración poderá verse unha mostra dos orixinais que alumean este libro. Contaremos coa presenza dalgúns dos artistas e de Luis José Eguiburu Seoane, fillo da irmá do artista homenaxeado, Estela Seoane López, representando á vez aos fillos de Rafael Seoane López, Rafael e Ana Seoane , que viven en Bos Aires. Son os tres únicos sobriños de Luis Seoane.

Deseguido asistiremos a un concerto do grupo musical DOA que se suma ao homenaxe a Luis Seoane coa presentación de varios temas do seu último traballo “A Fronda dos Cervos” (2006), de próxima edición. Coas cantigas de Alfonso X, Martín Codax, Códice Calixtino e os textos dos trobeiros galaico-portugueses, a música galega estará presente no acto. [...]

Para rematar, acercarémonos á Praza Luis Seoane (Monelos, Novos Ministerios) para plantar, por cuarto ano consecutivo, tres plantas de ruda e un allo verde, ao pé do busto do artista, en memoria do libro de Luis Seoane “ Tres hojas de ruda y un ajo verde” publicado en Bos Aires en 1948.»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Congreso internacional “Entre imperio e nacións: Iberoamérica e o Caribe ao redor de 1810″

luns, 31 maio 2010, 11:25 | Category : historia
Tags :

imperioenacions5, 6, 7 e 8 de xullo
Palexco
Inscrición gratuita na Fundación Juana de Vega (teléfono 981.65.46.37)

O congreso internacional “ENTRE IMPERIO E NACIÓNS: IBEROAMÉRICA E O CARIBE AO REDOR DE 1810” vaise celebrar na Coruña grazas á Cátedra Juana de Vega creada pola Fundación do mesmo nome, na Universidade de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuita e pódese facer na Fundación Juana de Vega, a través do teléfono 981.65.46.37

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XVI Encontro de corais

luns, 31 maio 2010, 11:04 | Category : música
Tags : ,

Luns 31
20:30
Forum Metropolitano
Entrada: con convite

Juan José Villamor coa S. R. I. A GAITEIRA. Organiza: S.R.I. Gaiteira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Último día da mostra “Outras miradas de Carlos Saura”

venres, 28 maio 2010, 18:04 | Category : cinema, exposicións
Tags :

Domingo 30
Os horarios para poder visitala son de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

O domingo, día 30 de maio, é o último día para poder visitar a mostra "Outras miradas de Carlos Saura" na Casa da Cultura Salvador de Madariaga en Durán loriga. Esta mostra organizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa SECC (Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales) e Caja España e comisariadada por Asier Mensuro, supón un percorrido por toda a obra do polifacético Carlos Saura que abrangue o cinema, a fotografía, a literatura, o teatro, a danza, o debuxo e a pintura, que practica en dúas modalidades ben distintas: os chamados "fotosaurios" ou fotografías pintadas e os seus debuxos con texto.

Todos os materiais da exposición amosan un artista multidisciplinar que reflexiona sobre unha serie de ideas polas que sente unha verdadeira paixón. Outras miradas complementarias que nos revelaban a un Carlos Saura que pouco a pouco afonda naquilo que lle interesa e o vai enriquecendo mediante a adicción de novos matices e enfoques. A exposición divídese en seis bloques temáticos ou temas: a violencia e a morte, as mulleres, a historia de España, a música e a danza, a fotografía e o cine. Ademais destes bloques inclúese un quiosco interactivo coa biografía, filmografía e premios de Carlos Saura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

X Ciclo de música para unha época

venres, 28 maio 2010, 17:55 | Category : música
Tags :

Domingo 30
12:00
Museo de Belas Artes (Rúa Zalaeta, s/n)
Entrada: libre até completar capacidade

ENSEMBLE PLUS.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Mozart: FESTIVAL DAS ESTRELAS

venres, 28 maio 2010, 17:53 | Category : música
Tags :

Domingo 30
12:00
Planetario da Casa das Ciencias
Entradas: libre até completar capacidade

DÚO CONTRABAJISSIMO. Programa: J. S. Bach, Gioacchino Rossini e Giovanni Bottesini.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XXV ANIVERSARIO DA CASA DAS CIENCIAS

venres, 28 maio 2010, 17:37 | Category : música
Tags : , , ,

Sábado 29
Planetario

*AVISO da organización: a entrada é libre e de balde para o CONCERTO DAS 22:00 diante do Palacete da Casa das Ciencias*

21:00.- RECITAL DE GUADI GALEGO, GUILLERMO FERNÁNDEZ E XABIER DÍAZ no Planetario (entrada libre até completar capacidade)
22:00.- CONCERTO DE GUADI GALEGO, GUILLERMO FERNÁNDEZ E XABIER DÍAZ, no exterior da Casa das Ciencias
23:00.- OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA POLA AGRUPACIÓN ASTRONÓMICA ÍO

Programa completo aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival artístico Paralelo 43º 21’ 45″

venres, 28 maio 2010, 17:29 | Category : Arte, audiovisual
Tags :

Sábado 29 (ARTES PLÁSTICAS E AUDIOVISUAIS):

Praza das Conchiñas:
11:30.- Obradoiros de xices e ceras, broches, bixuería de reciclaxe, batik, gravado

Mercado das Conchiñas:
12:00.- Proxección do documental "Os soños do mar", de Daniel López

Asociación fotográfica Posición B (Galerías de Santa Margarita):
13:00.- Proxeccións de super8, a cargo de Fernando Pujalte
18:00.- "Serial experiments". Charla sobre anime por David Pazos e Mariña Eiroa
19:00.- Sinaturas de fanzines por Manel Cráneo e Mariano Casas
20:00.- Proxeccións: "O laberinto ario", de Alfredo Pardo Hermida; "(m)2 de Xosé Abad, de Sandra G. Rey; "Elixido", de Chema Gagino; "Dies dei", de Nani Matos; "Cajón Desastre", de Caamaño Castro; "Nemo", de Miguel Martiño e Ari Camiño, "El escritor de destinos", de Caamaño Castro
22:00.- Sesión Vj: Mercedes Benz 220

Rúa Barcelona (entre o 113 e o 117):
17:00.- Demostración de graffity e "Pulpo reggae sound": Jacobo Jaspe "Pilo"

Patrocina: Concellaría de Igualdade e Participación. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia sobre o barrio dos Rosales e actuación de Tanxedoira e Canticorum

venres, 28 maio 2010, 17:26 | Category : conferencias, música
Tags :

Sábado 29
19:00
Centro Cívico Os Rosales
Entrada: libre até completar capacidade

Conferencia de Xosé Alfeirán sobre o barrio dos Rosales no contexto histórico da Coruña. Tamén actuarán Tanxedoira e Canticorum. Dentro do ciclo CICLO A CORUÑA (EN)CANTA.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O galego medra

venres, 28 maio 2010, 17:15 | Category : literatura oral, música, obradoiros
Tags :

Sábado 29

Asociación Xuvenil Arestora (2ª Fase de Elviña, urbanización O Cruceiro):
11:30.- Obradoiro lúdico das palabras

Centro Cívico Novo Mesoiro (Os Ancares):
17:00.- Contacontos: Paula e as palabras que levou o vento. Bululú Teatro
17:30.- Pablo Díaz: "Tic-tac"

Organiza: Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XVI Encontro de corais

venres, 28 maio 2010, 17:05 | Category : música
Tags : , ,

Sábado 29
20:30
Forum Metropolitano
Entrada: con convite

CORAL LA SALLE – CORAL VILALBA – S.R.I. A GAITEIRA. Organiza: S.R.I. Gaiteira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía de Castro: “Angelina o el honor de un brigadier”, de Jardiel Poncela

venres, 28 maio 2010, 17:00 | Category : teatro
Tags :

Venres 28 - sábado 29
20:30
Teatro Rosalía Castro
Entradas: 8, 10, 13, 17 € (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20 %)

"ANGELINA O EL HONOR DE UN BRIGADIER", de Jardiel Poncela. Con Chete Lera, Cristina Marcos, Jacobo Dicenta. Dirección: Juan Carlos Pérez de la Fuente. Dentro do CICLO CAIXANOVA.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Mozart: “Devienne: o Mozart francés”

xoves, 27 maio 2010, 0:45 | Category : música
Tags :

Venres 28
Horario: 21:00
Aquarium Finisterrae
Entradas: 5 €

FESTIVAL NO MAR: "DEVIENNE: O MOZART FRANCÉS", polo GRUPO INSTRUMENTAL S. XX. Programa: François Devienne.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Mozart: ópera para a familia

xoves, 27 maio 2010, 0:42 | Category : música
Tags :

Xoves 28 - domingo 30
Teatro Colón
Funcións: 19:00 (venres e sábado); 12:00 e 19:00 (domingo) Entradas: 5 € (niños até 12 anos, 2 €)

"LA PEQUEÑA FLAUTA MÁGICA", con Toni Marsol/Manel Esteve, Francisco Javier Jiménez, Susana Rodríguez, Ruth Nabal, Pablo López, Ricard Torino, Pere Jané, Vincenç Beltran. Director musical: Manuel Ruiz. Director de escena: Joan Font.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google