Hélia Correia no III Encontro Cidade da Coruña

martes, 4 maio 2010, 18:45 | Category : encontros e xornadas, escritores
Tags : ,

Mércores 5
20:00
Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña)
Organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, o mércores día 5 de maio, ás 20,00 horas, terá lugar na sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña) a terceira conferencia inscrita no III Encontro Cidade da Coruña, nesta ocasión a cargo da escritora portuguesa Hélia Correia, baixo título “A poeira falante”.

O III Encontro Cidade da Coruña, baixo lema “Literatura e viaxe”, contou xa coa presenza do poeta arxentino Juan Gelman, e do escritor galego Miguel Anxo Murado, e acollerá próximamente a Alberto Manguel (11 de maio) e a Xavier P. Docampo (19 de maio)

Presentará á escritora portuguesa, o escritor e profesor Carlos Quiroga, vogal da Asociación de Escritores en Lingua Galega para as relacións coa lusofonía.

Hélia Correia manterá previamente un encontro cos medios de comunicación, o mesmo día, mércores 5 de maio, ás 12,00 horas, na libraría Nova Colón (Rúa Olmos 9, A Coruña).

Hélia Correira, escritora portuguesa contemporánea (1949), licenciouse en Filoloxía Románica e é profesora de Portugués do Ensino Secundario. Apesar do seu gosto pola poesia, é como ficcionista que é recoñecida como unha das revelacións da novelística portuguesa da xeración de 1980, aínda que os seus contos, novelas ou romances estean sempre impregnados do discurso poético. Estreouse na poesia con O Separar das Águas, en 1981, e O Número dos Vivos, en 1982.

Revelou, desde cedo, o gosto polo teatro e pola Grécia clásica, o que a levou a escrever Perdição, levada à escea, en 1993, pola Comuna. Escreveu tamén Florbela, en 1991, que viria a ser estreada polo grupo Maizum. Cabe salientar na súa produción os romances Casa Eterna e Soma e, na poesia, A Pequena Morte/Esse Eterno Conto.
Foi galardoada en 2002 co premio PEN 2001, atribuído a obras de ficción, pola súa obra Lillias Fraser.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path