O certame A Coruña Son 2010 xa ten gañadores!

xoves, 6 maio 2010, 13:36 | Category : A Coruña Son
Tags :

Os grupos gañadores da III edición do certame de canción galega ACoruñaSon son os seguintes:

-Avante

Estes grupos e solistas, que representan os diferentes estilos que están a desenvolverse hoxe en día no ámbito da canción galega, desde o pop ao Heavy, pasando pola canción de autor, asistirán entre o 10 e o 15 de maio a un obradoiro de composición, produción e autoedición impartido por Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Xabier Díaz, Carmen Rey e Sergio Lago.
O obradoiro concluirá o sábado 15 de maio cun gran concerto de todos os grupos gañadores na sala Túnel (nos baixos do Coliseum da Coruña) ás 21:00. A entrada é libre até completar aforo.
As persoas interesadas en asistir como oíntes ao obradoiro poden inscribirse enviando un correo a  acorunason10 at gmail.com. Xa se poden escoitar os grupos gañadores e descargar as súas cancións na páxina web do certame http://acorunason.eu.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path