Noitenova Primavera 2010
A partir do 8 de maio
Disfruta coas novas actividades de Noitenova para esta finde: xogo "O misterio das pedras", cociña exótica, billarda, bailes latinos... INSCRÍBETE XA! Esta quinta edición de Noitenova intenta ofrecer unha serie de actividades de balde, para mozos e mozas de 14 a 30 anos, para que as teñan en conta á hora de planificar a súa fin de semana. Son actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, circenses..., boa parte preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable divertido coa súa xente e con outras mozas e mozos. Esperámoste!
Descarga o folleto dende aquí.















