Comeza hoxe o obradoiro de canción galega A Coruña Son 2010
Este sábado, concerto!!!!!
Desde hoxe e até o venres os grupos seleccionados traballarán as súas propias composicións até o concerto do sábado na sala Túnel (Coliseo), día en que mostrarán a súa arte en público. O obradoiro consiste no estudo de técnicas de composición, produción e edición da man experta de Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Xabier Díaz, Carmen Rey e Sergio Lago.














