“3DHD Escultura en Alta definición”, exposición de Tono Galán

venres, 14 maio 2010, 0:10 | Category : escultura, exposicións
Tags : ,

Tono11 maio - 13 xuño
12:00 a 14:00; 18:00 a 21:00
Kiosco Alfonso

Desde o 11 de maio reside no Kiosco Alfonso a exposición "3DHD Escultura en Alta Definición", de Tono Galán, 27 pezas deste escultor. Tono Galán presenta na súa primeira exposición en solitario nesta sala, un conxunto de pezas profundamente antropomórficas. Diferentes visións no que o ser humán é o centro, motivo e argumento que utiliza un autor xa maduro, nun momento especialmente interesante da súa produción. Técnicamente emprega os seus amplos coñecementos das artes metalúrxicas para, usando ferro, chumbo, cobre, prata, e constrastándoos coa madeira, o lenzo, os vidros ... para mostrar toda a potencia dos materiais, traballados con diferentes procedementos. Este autor polifacético decántase aquí pola escultura, nunha obra nova á que sabe dotar, dende unha linguaxe moi persoal, dunha sensibilidade que nos toca a todos moi de preto. Son as últimas obras dun autor cheo de futuro. O autor estará dispoñible para entrevistas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path