A vangarda da canción galega no concerto final de A Coruña Son 2010

Sábado 15ACS10_obradoiro
20:00
Sala Túnel (Coliseum)
Entrada de balde até completar aforo

O certame A Coruña Son pechará por todo o alto a súa edición de 2010 este sábado cun concerto protagonizado polos grupos gañadores. A clausura terá como escenario a recentemente estreada sala Túnel, situada nos baixos do Coliseum. En total serán seis os grupos e solistas participantes, e que ofrecerán unha completa panorámica da escea actual da música galega, con estilos que van desde o heavy ao pop, pasando pola canción de autor. Todos eles participan, desde o pasado día 10, no obradoiro de composición, produción e autoedición impartido por Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero,
Xabier Díaz, Carmen Rey e Sergio Lago. Antes, as súas maquetas foron seleccionadas a través da páxina web do certame. Os participantes son Batital, Fuco Xabier, Javier Ferreirós, Avante, Qronopios e Os John Deeres.

Podedes escoitar e descargar as cancións destes gañadores na páxina web do certame. Aquí tedes uns vídeos que esta mesma semana fixemos sobre o obradoiro de canción:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path