Último día da mostra “Outras miradas de Carlos Saura”
Domingo 30
Os horarios para poder visitala son de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
O domingo, día 30 de maio, é o último día para poder visitar a mostra "Outras miradas de Carlos Saura" na Casa da Cultura Salvador de Madariaga en Durán loriga. Esta mostra organizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa SECC (Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales) e Caja España e comisariadada por Asier Mensuro, supón un percorrido por toda a obra do polifacético Carlos Saura que abrangue o cinema, a fotografía, a literatura, o teatro, a danza, o debuxo e a pintura, que practica en dúas modalidades ben distintas: os chamados "fotosaurios" ou fotografías pintadas e os seus debuxos con texto.
Todos os materiais da exposición amosan un artista multidisciplinar que reflexiona sobre unha serie de ideas polas que sente unha verdadeira paixón. Outras miradas complementarias que nos revelaban a un Carlos Saura que pouco a pouco afonda naquilo que lle interesa e o vai enriquecendo mediante a adicción de novos matices e enfoques. A exposición divídese en seis bloques temáticos ou temas: a violencia e a morte, as mulleres, a historia de España, a música e a danza, a fotografía e o cine. Ademais destes bloques inclúese un quiosco interactivo coa biografía, filmografía e premios de Carlos Saura.














