Quico Cadaval, o mestre da narración oral, no Garufa
A Casa das Ciencias é a casa de todos: 25 aniversario
Con motivo do 25 aniversario da inauguración da Casa das Ciencias (1 de xuño de 1985), programáronse diversos actos de celebración que se desenvolverán ao longo de todo o ano. As principais celebracións terán lugar na semana do 25 aniversario, entre finais de maio e principios de xuño.
Do 31 de maio ao 6 de xuño, a entrada será gratuita na Casa das Ciencias, de 10 a 19 horas.
SEMANA DO 25 ANIVERSARIO
29/05, 21:00 “Música baixo as estrelas”, no Planetario
29/05, 22:00 Concerto no exterior da Casa das Ciencias
29/05, 23:00 Observación astronómica
30/05, 12:00 Concerto da Orquesta Sinfónica no Planetario
1/06, 18:00 Concerto da banda municipal de música
1/06, 19:00 Acto institucional: Celebración do 25 aniversario
2/06, 19:00 Inauguración do “Paseo das Ciencias”
2/06, 20:00 Acto sobre Isidro Parga Pondal e o papel da ciencia na cultura
3/06, 10:00 "Ciencia continua"
4/06, 12:00 Encontro con profesores, ANPAs, representantes de colectivos pedagóxicos e sindicatos do ensino
:: Ver programa completo
Carteleira do Forum Metropolitano
Xoves, 27: > Sala Marilyn Monroe. 20.15 horas.
Ciclo “Saíndo da Fábrica”
UNSER TÄGLICH BROT (O noso pan de cada día)
De Nikolaus Geyrhalter. (Alemaña, 2005)
> Sala Fernando Rey. 20.30 horas.
Ciclo “ Cine Thriller”
CRÓNICAS
De Sebastián Cordero. Con John Leguizamo, Leonor Watling. (México, 2003)
> Auditorio. 20.00 horas.
Festival Teatro de Maiores
PORTAS ÁRTABRAS - ATEACO
Organiza: Fundación Entreculturas Fe y Alegría
Venres, 28: > Sala Marilyn Monroe. 20.15 horas.
Ciclo “Saíndo da Fábrica”
UNSER TÄGLICH BROT (O noso pan de cada día)
De Nikolaus Geyrhalter. (Alemaña, 2005)
> Sala Fernando Rey. 20.30 e 23.00 horas.
Ciclo “ Cine Thriller”
CRÓNICAS
De Sebastián Cordero. Con John Leguizamo, Leonor Watling. (México, 2003)
> Auditorio. 20.30 horas.
XVI Encontro de Corais
ORFEÓN HERCULINO – ORFEÓN ALCOA INESPAL – C.P. AMIGOS DE LORBÉ
Organiza: S.R.I. Gaiteira
Sábado, 29: > Sala Marilyn Monroe. 17.15 y 20.15 horas.
Ciclo “Saíndo da Fábrica”
UNSER TÄGLICH BROT (O noso pan de cada día)
De Nikolaus Geyrhalter. (Alemaña, 2005)
> Sala Fernando Rey. 17.30 e 20.30 horas.
Ciclo “ Cine Thriller”
CRÓNICAS
De Sebastián Cordero. Con John Leguizamo, Leonor Watling. (México, 2003)
> Auditorio. 20.30 horas.
XVI Encontro de Corais
C.P. LA SALLE – C.P. VILALBA – C.P. S.R.I. GAITEIRA
Organiza: S.R.I. Gaiteira
Luns, 31: > Auditorio. 20.30 horas.
XVI Encontro de Corais
JUAN JOSÉ VILLAMOR con S.R.I. A GAITEIRA
Organiza: S.R.I. Gaiteira
III Festival solidario Teatro de Mayores
Mércores 26
20:00
Forum Metropolitano
Entrada: de balde con convite
PORTAS ÁRTABRAS, por ATEACO TEATRO.
Carlosantos na Sagrada
Café literario con Martin Pawley
Xoves 27
20:00
Cafetería La Plaza (Praza da Gaiteira)
Entrada: libre até completar capacidade
Dentro do ciclo dos CAFÉS LITERARIOS, configurados como tertulias arredor dun café con escritoras e escritores da cidade, nesta ocasión Martin Pawley proporá o tema "Cinema para ler".
Foto: Martin é o primeiro pola esquerda, en 2010 en Cannes.
Ciclo “Música con raíces”: SIMPHIWE DANA
CANCELADO o concerto de EVERGREY por roubo
27 de maio
Coliseum - O TÚNEL
A banda sufriu un roubo de material técnico en Italia que a imposibilita para rematar a xira en España e Portugal. A devolución do importe das entradas realizarase presentando a entrada íntegra no punto de venda adquirido polo canal de adquisición das mesmas:
- Billeteira da Praza de Ourense de luns a venres en horario de 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas
- Televenta de Caixanova www.servinova.com ou no teléfono 902.504.500
Comunicado da axencia española da banda
Infelizmente, Evergrey ten que anunciar a cancelación das datas españolas e portuguesas do seu tour europeo. Isto é debido á sustracción en Italia do backline e merchandise da banda valorado nuns 35.000 €. En breve será ofrecido un listado detallado co material desaparecido e a correspondente denuncia policial.
O cárcere convértese nun foco de cultura
Logo da cesión que de xeito temporal Institucións Penitenciarias fai á Concellaría de Cultura, o antigo cárcere acollerá ao longo do mes de xuño dúas actividades culturais.
O 3, 4, 5 e 6 de xuño o antigo Cárcere Provincial da Coruña acollerá por primeira vez na súa historia un evento cultural. Trátase do (S8) - I MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO, proxecto inédito a nivel europeo, co pequeno formato cinematográfico do Super 8 como eixo principal. A Mostra, adicada á experimentación formal e á investigación conceptual da imaxe en movemento, integrará unha serie de ciclos, retrospectivas, instalacións interactivas,
exposicións, performances audiovisuais e cine contemporáneo en Super 8.
“Culture jam” e “Trescientoscincuenta”, proxeccións no Fórum
Luns 24
19:00
MUSEO URBANO DE ARTE URBANO (M.U.A.U)
Entrada libre até completar capacidade
Máis información na web de MUAU.
Contacontos na lingua de signos
“Interseccións: a ollada de Novoneyra”, unha homenaxe de Emilio Cao e Branca Novoneyra
Mércores 26
21:00
Teatro Rosalía de Castro
Entrada libre
“INTERSECCIONS” foi un proxecto conxunto entre NOVONEYRA e CAO, mestura de música e poesía, que foi presentado en diversos espazos da xeografía galega como o Auditorio de Galicia, a Igresia do Cebreiro, e a Aula de Cultura de Caixagalicia en Santiago de Compostela. Tempo despois retomaron aquel proxecto e chamáronlle “ INTERSECCIONS/2” un proxecto discográfico inconcluso, para o que viaxaron xuntos ao Caurel, e mesmo chegaron a gravar parte do material.
INTERVENCIÓN POÉTICO/MUSICAL
A proposta de concerto de EMILIO CAO, co título de “INTERSECCIONS, A OLLADA DE NOVONEYRA” recolle algúns dos poemas de NOVONEYRA musicados por el (Amiga, Alba e Delgada, Quen na outa tarde, Cain as follas), que foron rectificados polo propio Novoneyra para a súa gravación, así como outras músicas queridas polo poeta, e outras que ían configurar o seu inconcluso traballo conxunto.
Outra singularidade deste concerto será a participación de BRANCA NOVONEYRA (filla do escritor), bailarina e coreógrafa, que ven de presentar o seu primeiro poemario.
Intervirá tamén CARMEN REY, (cantante vinculada dende hai anos a os directos de Emilio Cao), e que puxo a súa voz, xunto coa de Ainoa Arteta, á longametraxe “DE PROFUNDIS” de Miguel Anxo Prado. Tamén ten feito moitas colaboracións con músicos da escena folk (Xose Manuel Budiño) e do jazz (Baldo Martínez, Clunia Jazz…).
A intervención contará tamén coa presenza do singularísimo pianista MANUEL GUTIÉRREZ, compoñente do grupo SUMRÁ co que xa ten gravados catro traballos (en Free Code Records), e que se presenta ao público no Auditorio de Galicia nos últimos días de Xaneiro/2010, cunha xa dilatada carreira e diversas colaboracións, entre elas coas artistas galegas Rosa Cedrón e Maite Dono.
Presentación do libro Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
Luns 24
20:30
Salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Entrada libre
Este luns 24 de maio terá lugar a presentación do libro Lingua de calidade. Vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro e a posterior charla de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Lingua de calidade, editado por Edicións Xerais de Galicia, pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.
Merendas con contos na biblioteca
Martes 25
Sagrada Familia (Antonio Pereira 1, baixo – tfno.: 981 184 392)
Máis información nas BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.
















