Congreso “Entre imperio e nacións: Iberoamérica e o Caribe ao redor de 1810″

mércores, 30 xuño 2010, 12:04 | Category : congreso, historia
Tags : ,

Do 5 ao 8 de xulloCARTEL-JUANA-DE-VEGA
Palexco
Inscrición gratuíta no 981.65.46.37.

Organiza: Cátedra Juana de Vega. Pódese descargar o programa aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Mar e ando”, de Nando Lestón

mércores, 30 xuño 2010, 9:37 | Category : Arte, exposicións
Tags : , ,

Xoves 1 ao xoves 15
Horarios: de martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00; domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. LunNando Lestón Trampa chics, pechado
Casa Museo Casares Quiroga (Panaderas, 12)
Entrada libre

Exposición "Mar e ando", de Nando Lestón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto Exit + Festa Cuac FM en Mardigras

mércores, 30 xuño 2010, 9:35 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Xoves 1
22:30 (Festa Cuac FM a partir das 0:30)
Sala Mardigras (Travesía da Torre, 8)
Entrada libre até completar capacidade.

Exit + Festa Cuac FM (“Twisting the night away” – sesión DJ). Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mostras bibliográficas nas Bibliotecas Municipais

Pódense ver as seguintes mostras bibliográficas nas Bibliotecas Municipais:
Na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10, 1º): "Tempo de viaxar", durante os meses de xullo e agosto. Máis información aquí.
Na Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga, 10, baixo): "Ultreia: mostra arredor do Camiño de Santiago", até o 16 de setembro.
Na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Río de Monelos, s/n): mostra bibliográfica sobre viaxes "Que me piro" durante o mes de xullo.
Na Biblioteca do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n): mostras do verán “Aprende idiomas”, “Contos animados” e “Mergúllate lendo”.
E na Biblioteca da Sagrada Familia (Antonio Pereira 1, baixo): segue a exposición de fotografía "Galicia, a noite, a maxia, os contos", de David Salgado, e comezan a mostra "Verán de cine", durante o mes de xullo, e o obradoiro "Verán de cine", do 5 ao 9 de xullo.
Máis información das Bibliotecas Municipais pódese consultar aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso “Títeres de verano”, no Teatro do Andamio

mércores, 30 xuño 2010, 9:05 | Category : cursos, teatro
Tags : ,

Do 28 de xuño ao 9 de xullo celébrase un curso de verán de Deseño e construción de títeres no Teatro do Andamio (Alcalde Suárez Ferrín, 10), orientado a nenos entre 5 e 10 anos. Para máis información contactar con Gema Ulloa no 658-754702 ou o correo  gemaulloa at gmail.com.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do “Dicionario Seoane” e o documental “Luís Seoane: visualidade, recordo e síntese”

Mércores 30
19:00
Fundación Luís Seoane (San Francisco, s/n)
Entrada: libre até completar capacidade

Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala fin de curso Escuela de Danza Carmen

martes, 29 xuño 2010, 9:45 | Category : danza, galas
Tags : ,

Mércores 30
20:00
Teatro Rosalía de Castro
Entrada 4 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Teatro en familia: “Malas palabras”, por Katarsis

martes, 29 xuño 2010, 9:41 | Category : teatro
Tags : , , ,

Mércores 30
17:30
Fórum Metropolitano
Entradas: 3 € (abono de 3 entradas, 6 €)
Público: maiores de 8 anos

Dentro do Ciclo Teatro en familia. Organiza: Katarsis Educación y Teatro, S. L. Con Estíbaliz Veiga.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Empape 2010: III Festival Internacional de Danza en Paisaxes Urbanas

Entre o 2, 3 e 4 de xullo celébrase o III Festival Internacional de Danza en Paisaxes Urbanas, Festival membro da Rede Cidades que Danzan. O programa está formado por:

2 de Xullo
Praza de María Pita –Inauguración -19:30 h
COMPANHIA INTEGRADA MULTIDISCIPLINAR (PORTUGAL)
Sobre Rodas-45´

3 de Xullo
Rotonda de Riazor –12 h
COMPANHIA INTEGRADA MULTIDISCIPLINAR (PORTUGAL)
Arquivar (Proxecto dunha familia para familias)-40´

Baixada á praia das Lapas (Torre de Hércules) –18:30 h
COMPAÑÍA ENTREMANS (GALICIA – CUBA)
Sí Quiero-10´

Estatua de Breogán –18:50 h
PRODUCCIONES L.A. (GALICIA)
I really want to stay here now-30´

Escalinata da Torre de Hércules –19:30 h
MAURA MORALES (CUBA)
Hipocondríaca-15´

Ao pé da Torre de Hércules –19:45 h
NOVA GALEGA DE DANZA (GALICIA)
Fragmentos de Tradicción-20´

4 de Xullo (Clausura)
Estatua de María Pita –18:30 h
MAURA MORALES (CUBA)
Hipocondríaca-15´

Costa de San Agustín –18:50 h
BORJA FERNÁNDEZ & UXÍA P. VAELLO (GALICIA)
Play-30´

Xardíns zona posterior Palacio Municipal–19:30 h
EMBER (PAÍS VASCO-BARCELONA)
La era de los Cosmonautas-16´

Praza de María Pita –19:55 h
ROOTLESSROOT (GRECIA)
UNA (Unknown Negative activity)-18´

ACTIVIDADES PARALELAS:

Taller de Afrocontemporáneo-Armando Martén-29 de Xuño no Centro Coreográfico Galego (CCG)- 11.00h-13.00h

Taller de Suelo “El cuerpo que fluye”- Ana Beatriz Pérez-30 de Xuño no CCG- 11.00h-13.00h
Información e inscripción:  entremans at artestudioxestioncultural.c...

Ensaio Aberto de “Etheria” CCG- 2 de Xullo no Teatro Rosalía- 20.30h (Para compañías participantes no Festival).

Estrea de “Etheria” CCG-3 de Xullo no Teatro Rosalía-21.30h (Entradas á venda 7€-10€).
“Etheria” CCG-4 de Xullo no Teatro Rosalía-21.30h. (Entradas á venda 7€-10€).

Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Castro de Elviña: programa de visitas de verán 2010

martes, 29 xuño 2010, 9:13 | Category : noticias
Tags :

Dende o 1 de xullo ate o 31 de agosto o Castro de Elviña está aberto todos os días ás visitas do público.
De luns a venres ás 18 horas, e sábados, domingos e festivos ás 11 horas, ábrese o recinto e un guía acompaña aos visitantes explicando as características do xacemento.
É un servizo gratuíto sen inscrición previa. Ao castro accédese dende o vial que comunica o Campus Universitario de Elviña co Campus da Zapateira.
Para máis información, o Concello pon a disposición dos interesados os teléfonos 010 (chamadas locais), 981 184278 e 981 189850 do Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón.

VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE ELVIÑA 2010

Horario de verán (xullo e agosto):
De luns a venres ás 18:00 h
Sábados e domingos ás 11:00 h
Horario de inverno: setembro e outubro: domingos ás 12:00 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Organoloxía”, de Eva Moreda

Martes 29
20:30
A. C. Alexandre Bóveda (Olmos, 16-18, 1º)
Entrada libre até completar capacidade.

Preséntase o libro "Organoloxía", de Eva Moreda, publicado en Edicións Positivas, recente gañador da V edición do premio Narrativas quentes. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón

Martes 29
20:00
Casa Museo Casares Quiroga
Entrada libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Terra Berger: homenaxe poético-musical a John Berger

Mércores 302010-06-30 Terra Berger
20:30
Antigo Cárcere Provincial da Coruña
Aforo limitado. Entrada con convite (repártense desde o luns 28, no recinto do Cárcere. Horario: de 12:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00)

Recital poético-musical coa actuación en directo de Berrogüetto. Participan: Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Real Academia Galega elixe a Lois Pereiro como autor homenaxeado no Día das Letras de 2011

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 26 de xuño de 2010, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2011 a LOIS PEREIRO (Monforte de Lemos, 1958 - A Coruña, 1996).

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.
De regreso ao país, onde compaxinou profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións nas que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias, mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostemento da revista.
Sempre reticente á difusión individual do seu traballo, foi non obstante colaborador de non poucas empresas de fasquía renovadora, de aí a participación en consellos de redacción e mailos artigos, poemas e relatos espallados por La Naval, Trilateral, Das Capital ou Luzes de Galiza, onde viron a luz -amais do ensaio xa citado- os oitos primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do paradiso. Nesta mesma liña actuou como letrista con Radio Océano e redactou guión televisivos.
En vida, Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (Santiago de Compostela, Positivas, 1992), na que segundo consta na contracapa se recollen "tódolos poemas que escribiu ó longo da súa vida como poeta"; e Poesía última de amor e enfermidade (Santiago de Compostela, Positivas, 1995), duros e espidos poemarios nos que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.
Lois Pereiro, demorado e morno na publicación dos seus artigos, cultivou desde os inicios unha imaxe e unha estética que logo fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardatario.
A morte sobreviríalle na cidade da Coruña no ano 1996. (Da páxina web da Real Academia Galega).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Caixanova: Merce Cunningham Dance Company, “Nearly 90-2″

luns, 28 xuño 2010, 9:27 | Category : danza
Tags : , ,

Martes 29
20:30
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 12, 15, 19, 25 € (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%)

Dentro do Ciclo Caixanova. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google