Presentación do proxecto da Casa Museo Manuel María na sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11)

Xoves 17
20:30
Real Academia Galega
Entrada: libre até completar capacidade
Presentación do proxecto da Casa Museo Manuel María. No acto intervirán o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, os responsábeis do proxecto, Xan Casabella e Xosé Díaz Vieites, o Secretario da Fundación, Alberte Ansede, e a Presidenta, Saleta Goy García. No transcurso do acto presentarase tamén a obra inédita de Manuel María "Cecais hai unha luz".














