Xacarandaina: X Foliada e Romaría do Lecer
Sábado 19
21:00
Parque de Santa Margarida
Entrada libre
Foliada con presenza de: Fiadeiro de Vigo, Azougue de Betanzos, Pandereteiras da Pontragha de Tordoia, Magúa da Coruña, Traspés de Vigo, Iar da Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina.
Domingo 20
11:30
Parque de Santa Margarida
Entrada libre
Actuarán as alumnas e alumnos da asociación para amosar o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra e bailes de salón. Contarase tamén coa actuación do grupo de baile “Les Ayalgues d´Ayer” de Cabañaquinta (Asturias) que realizarán unha exhibición do baile tradicional de Asturias. Están programadas tamén actividades paralelas pensadas para todas as idades: aulas abertas de folclore (para todos os que o desexen), obradoiros para rapaces, contacontos, ginkana... Poderase aprender a xogar á billarda ou á chave ou observar unha demostración das palilleiras da Asociación. Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, con varios monitores que ensinarán a xogar aos máis novos.
Máis información aquí.














