Castro de Elviña: programa de visitas de verán 2010
Dende o 1 de xullo ate o 31 de agosto o Castro de Elviña está aberto todos os días ás visitas do público.
De luns a venres ás 18 horas, e sábados, domingos e festivos ás 11 horas, ábrese o recinto e un guía acompaña aos visitantes explicando as características do xacemento.
É un servizo gratuíto sen inscrición previa. Ao castro accédese dende o vial que comunica o Campus Universitario de Elviña co Campus da Zapateira.
Para máis información, o Concello pon a disposición dos interesados os teléfonos 010 (chamadas locais), 981 184278 e 981 189850 do Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón.
VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE ELVIÑA 2010
Horario de verán (xullo e agosto):
De luns a venres ás 18:00 h
Sábados e domingos ás 11:00 h
Horario de inverno: setembro e outubro: domingos ás 12:00 h.














