39 Feira do Libro da Coruña: programa do domingo 1 agosto

O 1 de agosto inaugúrase2010 08 feiradolibrocartel-001 a 39 edición da Feira do Libro da Coruña, que manterá até o martes 10 de agosto un horario de 11:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. ás tardes. Como novidade, todos os días, ás 21.45 horas, terá lugar un sorteo de dous vales de 30 euros para mercar libros en galego entre o público que teña mercado libros galegos na feira. Tamén se celebrará, á mesma hora, o tradicional sorteo dun lote de libros.
O programa para o primeiro día da Feira é o seguinte:
11.00 h. Apertura da feira.
12.30 h. Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña e pregón a cargo do escritor coruñés Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Sinatura de libros de Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Presentación do libro "Proxecto Terra", de José Manuel Rosales, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Manuel de la Iglesia, presidente da delegación coruñesa do COAG e o decano do colexio Celestino García Braña.
20.00 h. Tim Bowley, autor dos textos e Oscar Villán, autor das ilustracións asinarán exemplares do seu libro "O rei Oso Branco", publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. A Asociación Ponte nas Ondas presenta o libro disco "Cores do Atlántico", con textos de Ria Lemaire, músicas de Socorro Lira e ilustracións de Quique Bordell, editado por PAI – música. Participan no acto Socorro Lira, Uxía Senlle e o presidente da Asociación, Santiago Veloso.
20.30 h. O escritor Pablo Núñez asinará exemplares do seu libro "Ladrones de Historia", publicado pola Editorial Alrevés.
21.00 h. Presentación e sinatura dos libros "Este circo es un desastre", "El bazar de los sueños" e "Las preguntas de Nair", de Miguel Ángel Villar Pinto (textos), María Seoane (ilustradora) e Mar del Valle (ilustradora), publicados pola Editorial Edimáter. Asistirán ao acto o autor e ilustradoras dos libros e Marina Seoane Pascual, en representación da editorial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “E ata aquí podo ler”, da AGPI

sábado, 31 xullo 2010, 10:00 | Category : exposicións, ilustración
Tags : , ,

Do 31 de xullo ao 222010 08 aida alonso_marcapaxinas de agosto
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10)
Entrada libre.

Organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Aquí se pode descargar a listaxe de Participantes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Son de Noite: concerto de Emilio Rúa

venres, 30 xullo 2010, 9:11 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Venres 30
22:30
Castelo de San Antón
Entrada libre até completar capacidade.

"Interior" é o terceiro traballo discográfico de Emilio Rúa, cantautor ourensán da terra das Vendas da Barreira (Riós). Emilio presenta un disco, gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes utilizados por Rúa, familiares e cercanos. Neste novo traballo, Emilio Rúa conta con coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quim Farinha, Marcos Teira, Xosé Manuel Budiño e a mesma Uxía. Adéntrase no mundo tradicional como ven sendo xa habitual e necesario nel e revisa cun aire novo e persoal o tema popular galego "Lela" reinterpretando tamén cancións de autores como Magín Blanco, Uxía e Sérgio Tannus. Asï mesmo utiliza a poesía de Manuel Rivas para porlle música a un dos seus poemas. É un traballo no que as harmonías gañan un amplo espazo e amósanse co necesario coidado, para dar forma e sentido ás doce cancións que conforman "Interior".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

World Slam Title: regueifa poética entre Antía Otero e Dores Tembrás

venres, 30 xullo 2010, 9:10 | Category : poesía
Tags : , ,

Domingo 1
13:00
Café Bar O'Delito (rúa Tabares, 1)
Entrada libre até completar capacidade.

Como cada primeiro domingo de mes, dúas poetas loitarán usando as súas palabras, alternadamente, para conseguir o "World Slam Title". O 1 de agosto serán Antía Otero e Dores Tembrás serán as encargadas de manteren esta regueifa poética.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de “Cores do Atlántico” no Teatro Rosalía

Xoves2010 07 Cores - Viana 29
21:30
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 7 e 10 euros (xa á venda nas taquillas da Praza de Ourense e en www.servinova.com)

Cores do Atlántico ofrece unha lectura contemporánea das melodías das cantigas, integrando sonoridades diversas, desde os ritmos brasileiros, como a ciranda, o samba, o batuque, o baiao, aos ritmos da música galega, portuguesa e africana, espazos sonoros que comparten o patrimonio cultural da lírica galego-portuguesa. Desde o Brasil, a compositora e cantora Socorro Lira e Luanda Cozetti. Desde Africa, Nancy Vieira achega a súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, é a voz de Uxía a que recrea as cantigas que noutrora cantaron as mulleres. E, con eles, a compañía dos músicos brasileiros Sérgio Tannus, Serginho Sales, Paulo Lima e Norton Daielo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Trampa mortal”, de Ira Levin

xoves, 29 xullo 2010, 9:05 | Category : teatro
Tags : ,

Venres 30 ás 21:00 h.
Sábado 31 ás 20:00 e 23:00 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 10, 12, 15 e 21 €

Con Paco Valladares, María Garralón, Marisa Segovia, Alejandro Navamuel e Rafael Esteban, baixo a dirección de Ángel Fernández Montesinos. Case trinta anos despois da súa estrea, o actor Paco Valladares e o director Ángel Fernández Montesinos caeron novamente na "Trampa mortal" do escritor Ira Levin, unha comedia policiaca que, con intriga, suspense e humor negro, narra como un escritor en horas baixas planea matar a un antigo alumno seu para apropiarse dunha novela e facela súa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de ilustracións de David Pintor

xoves, 29 xullo 2010, 9:04 | Category : exposicións, ilustración
Tags : ,

Do 30 de xullo2010 07 30 David Pintor ao 16 de agosto
De martes a venres de 17:00 a 21:00 e sábados de 11:00 a 14:00
Galería 9the13 (rúa Tabernas, 9, baixo)
Entrada libre.

Inaugúrase o 30 de xullo ás 20:30 h. a exposición de ilustracións de David Pintor (A Coruña, 1975), ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor, premio da Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia, Grand Prix International na Bienal de cadernos de viaxe Clermont Ferrand (2009), Premio Haxtur ao humor (2008), Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración 2009, Premio Curuxa do humor 2007 do Museo do Humor de Fene, Premio do Salón da Caricatura de Vila Real (Portugal), Premio literario Frei Martin Sarmiento, Premio no VIII Concurso de humor gráfico de Barakaldo (2008), e o de mellor ilustrador en Galicia nos anos 2007 e 2009 elexido pola web Fervenzas Literarias. Tamén foi seleccionado en 2007 e 2010 para a mostra de ilustradores da Feira de Boloña (Italia), e en 2009 para a Bienal de Ilustración de Bratislava (Eslovaquia).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Heroes e guerreiros” e “Doce cabezas”, mostras de gravados na Fundación Luís Seoane

mércores, 28 xullo 2010, 9:19 | Category : Arte, exposicións
Tags : , , ,

Do 28 de xullo ao 10 de outubro
De martes a sábado: de 11 a 14 e de 17 a 20,
Domingos de 11 a 14; luns: pechado
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.

Na Fundación Luís Seoane pódense visitar dúas exposicións que recollen traballos do autor coruñés. En "Heroes e guerreiros" achegámonos a unha escolla de gravados, témperas e óleos, en que Seoane nos converte en testemuñas das loitas dos homes, o espírito belicoso, os referentes mitolóxicos e os valores do guerreiro. "Doce cabezas" recolle o álbum de gravados do mesmo nome editado en 1958 pola Galería Bonino de Buenos Aires. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Confírmase a realización na Coruña do Culturgal 2010

mércores, 28 xullo 2010, 9:18 | Category : culturgal
Tags : , , ,

Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, vaise celebrar do 10 ao 12 de decembro na Coruña. A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, e o presidente da recentemente creada Asociación Culturgal, Xulio Amigo, acompañado por tres membros da executiva: o vicepresidente da asociación, Ernesto Chao, o secretario, Cándido Meixide e a tesoureira, Beatriz Sieira, reuníronse esta semana para comezar a andaina da que vai ser a grande cita referencial da cultura galega. Polo de agora, a Concellaría de Cultura da Coruña (que destinará a este evento un orzamento similar ao adicado o ano pasado ao AchegArte), e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) son os únicos apoios económicos garantidos a día de hoxe. O obxectivo fundamental é traer de volta o Culturgal, que desaparecera despois de dúas exitosas edicións. No ano 2008, estimouse que uns 35.000 visitantes pasaron polo Palexco coruñés. Tras esa edición, o novo titular de Cultura tras o cambio de goberno na Xunta deixou de financiar a feira alegando “falta de cartos e de tempo”. A Deputación e a Concellaría de Cultura da Coruña decidiron entón organizar unha feira alternativa, nacendo así AchegArte, que supuxo un rotundo éxito de público con 40.000 visitantes no 2009. Os sectores implicados amosan, deste xeito, a súa vontade de non deixar pasar un ano máis sen a grande Feira da cultura galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Viaxe a Polonia”, charla-coloquio de Felipe Senén

mércores, 28 xullo 2010, 9:17 | Category : coloquios, conferencias
Tags : , ,

Xoves 29 e venres 30
20:00
Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

O arqueólogo Felipe-Senén prosegue coa crónica da viaxe que recentemente fixo este colectivo por Polonia, adentrándose en aspectos históricos e culturais: Varsovia, Gracovia, cos seus museos, templos, pazos... entre eles a Fábrica de Shimler, o campo de exterminio de Auschwitz e Birknau, as cidades de Wroclaw, Poznan, Torum, entre outros puntos.
Por outra banda, está aberta a inscrición para participar na xeira cultural especial pola Ribeira Sacra do Miño e do Sil: Ribas de Miño, Diomondi, Pazo de Tor, Eire, canón do Sil, miradores de Santiorxo e Cadeiras, Centro Oleiro de Gundivós, entre outros puntos de interese arqueolóxico, histórico, etnográfico e paisaxístico, actividade fondamente cultural e lúdica, guiada por especialistas e nas que non falta o xantar enxebre. Máis información en Portas Artabras (Sinagoga 22- Tfnº.-981210101).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os grupos Igloo e Exit gañan a votación online do concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010

martes, 27 xullo 2010, 8:37 | Category : música
Tags : , ,

Os grupos Igloo e Exit foron os gañadores da votación en liña do concurso do Festival Noroeste Pop Rock. Dita votación determinaba os segundos premios e con iso daban o pase ao festival para ambos os dous grupos. A votación popular tivo lugar do martes 20 de xullo a partir das 17 horas até o domingo 25 de xullo ás 17 horas. En total votaron 3.255 persoas a través da web do Festival.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Horarios da Feira do Libro 2010 da Coruña

luns, 26 xullo 2010, 9:30 | Category : Libro e lectura, feiras
Tags :

A Feira do Libro da Coruña deste ano será inaugurada oficialmente o domingo 1 de agosto, ás 12:30 h. Os horarios serán: polas mañás, de 11.00 a 14.00, e polas tardes, de 18.00 a 22.00 (de 19.00 a 21.00 desenvolveranse as actividades de cada día, das que informaremos detalladamente aquí).
Este ano, como novidade para todos os días, ás 21:45 terá lugar un sorteo de dous vales de 30 euros, para mercar libros en galego, entre o público que teña mercado libros galegos na Feira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Catálogo Outonarte 2009

luns, 26 xullo 2010, 9:28 | Category : Arte
Tags :

Aquí poñemos á disposición de todos e todas a portada e o Catálogo de Outonarte 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ruta Quetzal BBVA: exposición fotográfica de Ángel Colina

luns, 26 xullo 2010, 9:26 | Category : exposicións, fotografía
Tags : ,

Do 16 ao 29 deRuta Quetzal xullo
De luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00
Sala de exposicións BBVA (Durán Loriga, 14)
Entrada libre.

Un total de 22 fotografías de grande formato ilustran a aventura, as paisaxes por onde transita a expedición e as emocións dos expedicionarios nas últimas edicións en Chile, México, Panamá e España. A cámara de Ángel Colina consegue capturar algúns dos mellores instantes e reflectilos como se se tratar dun diario de viaxe.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Son de noite: “Aló irmao”, de Fran Pérez-Narf e Manecas Costa

venres, 23 xullo 2010, 9:45 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Venres 23
22:30
Castelo de San Antón
Entrada libre até completar capacidade.

Proposta do dúo que integran Fran Pérez, Narf, e o africano Manecas Costa, dous grandes guitarristas e cantantes que se unen para presentar o seu novo espectáculo "Aló irmao", onde o potente latexo africano de Manecas Costa se xunta ao incansable espírito aventureiro do galego Fran Pérez, xurdindo desa faísca un regueiro de ideas que dá luz a un torrente de sensacións. Trátase dunha manchea de novas cancións compostas en exclusiva para este proxecto coa harmonía dos que queren entenderse, e celebrar con alegría a diferenza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google