“Etheria, a viaxe soñada”, do Centro Coreográfico Galego

venres, 2 xullo 2010, 9:54 | Category : danza
Tags : , ,

Sábado 3 e domingo 4
21:30
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 7, 10 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, desconto dun 20%).

Con: Irene Rubio, Ariel Caramés, Miguel Ángel Ponte, Astrid Molinero, Beatriz Garrido, Elena Chamorro, Fátima Fernández, Lucía Antonella, Carlos Ugarriza, Juan Miguel Hernández, Pablo Aradillas, Pastor R. Feal.
Música: Isaac Garabatos
Coreografía e dirección: Mercedes Suárez.

Etheria, a viaxe soñada, da directora e coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez, relata o regreso a Galicia dunha figura histórica galega, Etheria, despois dunha longa peregrinación que nos séculos IV ou V d.C. a levou a Xerusalén a través de Europa Meridional e Oriente Próximo. Muller culta e pertencente ás castas nobres, Etheria inicia a súa viaxe levada pola súa fe e polas súas crenzas nas máximas do priscilianismo. Da súa odisea apenas quedan referencias documentadas, converténdose así a súa historia en mito.
A Etheria de Mercedes Suárez amósase coas características que definiron o personaxe e o seu contexto, coa súa forza na fe e co seu carácter incisivo, para transcender as referencias históricas e realizar así unha representación de carácter atemporal, onde se pon de manifesto a importancia da viaxe como medio en si mesmo e como vía de coñecemento interior das propias persoas.
Seguindo a estética dos relatos de grandes viaxes na historia da humanidade e da mitoloxía, non pasan desapercibidas as alusións a Ulises e o seu regreso a Ítaca. A odisea de Etheria no seu regreso a Galicia represéntase a través dunha coreografía dinámica, cun acompañamento musical que marca o ritmo de cada escena e do seu relato, e cun tratamento estético que afonda nas inquietudes vitais dos personaxes
protagonistas e no propio acto da peregrinación.

Pódese descargar o tríptico con máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path